Dennis Ritchie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ritchie en 2011.

Dennis MacAlistair Ritchie, nado o 9 de setembro de 1941 e finado o 12 de outubro de 2011, foi un científico computacional estadounidense.

[editar] Traxectoria

Colaborou no deseño e desenvolvemento dos sistemas operativos Multics e Unix, así como no desenvolvemento de varias linguaxes de programación coma o C, tema sobre o cal escribiu un famoso clásico das ciencias da computación xunto a Brian Wilson Kernighan: A linguaxe de programación C.

Recibiu o Premio Turing de 1983 polo seu desenvolvemento da teoría de sistemas operativos xenéricos e a súa implementación na forma do sistema Unix. En 1998 foille concedida a Medalla Nacional de Tecnoloxía dos Estados Unidos de América. En 2007 xubilouse, sendo o xefe do departamento de Investigación en software de sistemas de Alcatel-Lucent.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas