Deniz Gezmiş

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deniz Gezmiş
Deniz Gezmiş
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 27 de febreiro de 1947
Lugar: Ayaş, Turquía
Falecemento: 6 de maio de 1972
Lugar: Ancara, Turquía
Organización: Partido dos Traballadores de Turquía
Exército de Liberación do Pobo de Turquía
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): -
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}
Tumba de Deniz Gezmiş.

Deniz Gezmiş (n. 27 de febreiro de 1947 en Ayaş - m. 6 de maio de 1972 en Ancara) foi un activista político marxista-leninista turco, un dos membros fundadores do Exército de Liberación do Pobo de Turquía.

Naceu nunha pequena vila da provincia de Ancara onde seu pai era mestre de escola, pero foi Sivas a cidade na que medrou. En Istambul realizou os estudos de bacharelato e alí comezou a interesarse pola política, ingresando no Partido dos Traballadores de Turquía en 1965. En 1966 entrou na Universidade de Istambul para estudar dereito, involucrado nas loitas estudantís foi arrestado por participar nunha manifestación convocada Federación Nacional de Estudantes Turcos. En 1968 fundou a Organización Revolucionaria de Xuristas. Foi de novo arrestado o 30 de xullo por manifestarse contra a chegada da Sexta Frota dos Estados Unidos ao porto de Istambul. Liberado o 30 de outubro foi un dos fundadores da Organización de Estudantes Revolucionarios. O 28 de novembro foi arrestado unha vez máis, nesta ocasión por se manifestar contra a chegada a Ancara do novo embaixador norteamericano, Robert Komer. De novo liberado participou en maio de 1969 na ocupación da facultade de dereito en protesta contra un proxecto de reforma universitaria. A policía entrou na facultade e Deniz foi ferido, detido e conducido a un hospital para curar as súas feridas foi quen de fuxir cara a Xordania, acubillado nun campamento da Organización de Liberación de Palestina recibiu adestramento guerrilleiro. Expulsado da universidade volveu a Turquía, onde foi acusado pola policía de posuír unha arma de fogo estivo detivo do 25 de decembro de 1969 ao 18 de setembro de 1970. A fins de ano participou na constitución do Exército de Liberación do Pobo de Turquía e o 20 de xaneiro de 1971 Deniz participou en nome do ELPT no atraco a un banco en Ancara e no secuestro o catro soldados americanos en Balgat que foron liberados pola policía e Deniz Gezmiş detido en Gemerek o 16 de marzo. O proceso contra el comezou o 16 de xullo e finalmente sentenciado á pena de morte o 9 de outubro pola violación do artigo 146 do código penal. A sentenza cumpriuse o 6 de maio de 1972 na prisión central de Ancara.