Denis MacEoin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denis MacEoin, nado en 1949 en Belfast, é un novelista e antigo profesor universitario de estudos islámicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou literatura inglesa no Trinity College de Dublín e literatura árabe e persa e estudos islámicos na Universidade de Edimburgo. De 1975 a 1979 realizou a súa tese sobre dous movementos heterodoxos do islam xií no King's College de Cambridge. Ensinou inglés, civilización islámica e tradución na Universidade Mohammed V de Fez (1979-1980) e foi profesor de estudos islámicos na Universidade de Newcastle (1979-1986) e despois profesor honorario do Centro de Estudos Islámicos e de Oriente Medio da Universidade de Durham aínda que se dedica principalmente a escribir. Avogado da medicina alternativa publicou Natural Medicine: A practical guide to family Health en 1999.

Publicou numerosos ensaios ensaios sobre o islam, contribuíndo á Encyclopaedia of Islam, Oxford Encyclopaedia of Islam in the Modern World, Encyclopaedia Iranica, Penguin Handbook of Religions. Foi membro da Fe Bahá'í de 1965 a 1980, pero deixouna por diferenzas coa súa dirección. En 1986 principiou unha carreira como novelista, escribindo 23 novelas, varias delas convertéronse en best-sellers, usando os nomes de Daniel Easterman e Jonathan Aycliffe, entre os títulos máis coñecidos co primeiro pseudónimo figuran The Seventh Sanctuary, The Ninth Buddha, The Judas Testament, Brotherhood of the Tomb, K is for Killing, The Final Judgement, Midnight Comes at Noon, Night of the Seventh Darkness e Maroc e co segundo Naomi's Room, Whispers in the Dark, The Matrix, The Lost e A Garden Lost in Time.