Denez Prigent
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denez Prigent é un cantante de Santec, na rexión de Penn ar Bed (en francés: Finistère) de Bretaña, que canta nos estilos bretóns de gwerz e kan ha diskan. Ten gravado cinco álbums e ten aparecido con Lisa Gerrard en dous duetos.
A primeira canción do seu álbum Irvi, "Gortoz a ran" (en galego: Estou agardando), gravada xunto a Lisa Gerrard, foi elixida por Ridley Scott para a banda sonora do seu filme Black Hawk Down.
Álbums [editar]
- (1994) Ha Daouarn
- (1996) Ar Gouriz Koar (La ceinture de cire)
- (1997) Me' Zalc'h Ennon Ur Fulenn Aour (Je garde en moi une étincelle dorée)
- (2000) Irvi (Chemins d'écume)
- (2002) Live Holl a-gevret!
- (2003) Sarac'h (Bruissement du vent dans le feuillage)
