Demografía de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poboación de Suecia, de 1961 a 2003. A poboación aumentou de 7,5 a 8,3 millóns entre as décadas de 1960 e 1970. Logo dunha fase de estancamento a comezos dos 80, a poboación pasou de 8,3 a 8,8 millóns entre 1987 e 1997, seguida por outra fase de estancamento, e outra fase de aumento de 8,8 a 9,3 millóns entre 2004 e 2010.

Suecia ten unha das maiores esperanzas de vida do mundo. O 4 de agosto do ano 2004, a poboación de Suecia pasou a barreira dos 9.000.000 millóns segundo o SCB. En febreiro do 2006, a poboación era 9.060.430 millóns. O 86.7% da poboación era de etnia Sueca.

As maiores comunidades de non-suecos están formadas polos Fineses os cales fan o 2% da poboación. Outros importantes proveñen doutros países escandinavos , da antiga Iugoslavia, e do Oriente Medio. Outro importante grupo son os indíxenas saami que viven no norte de Suecia nunha comunidade de 17.000 persoas.

Historia demográfica[editar | editar a fonte]

Suecia transformouse dunha nación de emigrantes ó acaba-la Primeira Guerra Mundial a unha nación de inmigrantes o acaba-la Segunda Guerra Mundial. Hoxe en día o 12% dos habitantes naceu no estranxeiro, e 1/5 da poboación son fillos ou netos de inmigrantes. Os maiores grupos veñen de Finlandia, da antiga Iugoslavia, do Oriente Medio e doutros países nórdicos nesa orde. Isto reflexa as intermigracións entre os países Nórdicos.

As intervencións Soviéticas contra a Revolución Húngara 1956 e a liberación de Checoslovaquia en 1968 resultou na primeira chegada de refuxiados políticos. Algúns americanos desertores da guerra de Guerra de Vietnam tamén atoparon refuxio entre os Suecos, os cales estaban encontra do imperialismo feito pola Unión Soviética e os Estados Unidos de América. Despois do golpe militar de 1973 en Chile, e as seguintes ditaduras de Chile e outros países sudamericanos, os refuxiados políticos cambiaron a imaxe da inmigración en Suecia , incluídos os refuxiados de Irán, Iraq e Palestina.

Cidades máis poboadas[editar | editar a fonte]

Estocolmo, a cidade máis poboada de Suecia.
Posto Cidade Poboación Superficie terrestre Densidade
1 Estocolmo 765,044 187.74 4,075.02
2 Gotemburgo 481,410 450.71 1,068.11
3 Malmö 269,142 155.56 1,730.15
4 Uppsala 182,076 2,189.10 83.17
5 Linköping 136,912 1,435.80 95.36
6 Västerås 131,014 962.78 136.08
7 Örebro 126,982 1,380.11 92.01
8 Norrköping 124,410 1,503.61 82.74
9 Helsingborg 121,179 346.25 349.98
10 Jönköping 119,927 1,488.75 80.56
11 Umeå 110,705 2,331.39 46.92
12 Lund 101,423 430.27 235.72
13 Borås 98,886 915.22 108.05
14 Sundsvall 93,707 3,208.70 29.20
15 Gävle 92,081 1,615.07 57.01