Demografía de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa étnico de Serbia segundo o censo de 2002:
     serbios      húngaros      bosníacos      croatas      albaneses      eslovacos      sen datos
Mapa de relixión maioritaria por distritos. A intensidade da cor vermella marca a porcentaxe de poboación pertencente á Igrexa ortodoxa serbia. Kosovo (onde o 90% da poboación é musulmá) aparece en gris.

Os datos de Demografía de Serbia son moi variables debido aos últimos acontecementos ocorridos na antiga Iugoslavia, que arroxan un importante censo de poboación flotante formada, sobre todo, por refuxiados de outras ex repúblicas que se desprazaron cara Serbia e non constan en ningún censo. Durante a Guerra de Kosovo produciuse unha avalancha de refuxiados serbios que abandonaron territorio kosovar e se instalaron en Serbia.[1] Estes refuxiados (se estima que 200.000, aínda que o goberno serbio cre que son moitos máis)[2] non figuran en ningún censo, xa que o último censo oficial foi realizado en 2002, e no mesmo non se incluíron datos de Kosovo. O próximo será realizado en 2010.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo os datos deste último censo, a poboación de Serbia era o seguinte (2002):

  • Serbia Central: 5.466.009 habitantes.
  • Voivodina: 2.031.992 habitantes.
    • República de Serbia (sen Kosovo): 7.498.001 habitantes

Segundo os datos de The World Factbook, publicado pola CIA en 2009, os datos relativos a Serbia e Kosovo son os seguintes (estimacións de 2009):[3]

  • República de Serbia (sen Kosovo): 7.379.339 habitantes
  • Kosovo: 1.804.838 habitantes
    • Serbia + Kosovo: 9.184.177 habitantes

Segundo estimacións, hai preto de dous millóns de serbios noutras antigas repúblicas iugoslavas (1,7 millóns deles en Bosnia e Hercegovina).[4]

Cidades máis habitadas[editar | editar a fonte]

Segundo os datos do censo de 2002, as cidades máis habitadas de Serbia e Kosovo[5] son as seguintes:

Grupos étnicos[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2002 (no que non se inclúen datos de Kosovo), as principais etnias que habitaban el territorio de Serbia eran as seguintes en número de individuos:

Etnia Persoas
Serbios 6.212.838
Húngaros 293.299
Bosníacos 136.087
Xitanos 108.193
Iugoslavos 80.721
Croatas 70.602
Montenegrinos 69.049

Relixión[editar | editar a fonte]

A relixión maioritaria e oficial do país (sen incluír Kosovo) é a ortodoxa serbia, seguida por un 85% dos seus habitantes. O 5,5% son católicos, o 1,1% protestantes, o 3,2% musulmáns, e o 5,2% ateos, de relixión descoñecida e outras.[3] En Kosovo, aproximadamente o 90% da poboación son musulmáns.[3]

Idioma[editar | editar a fonte]

A lingua oficial do país é o serbio, que é falado polo 88,3% da poboación. Un 3,8% fala húngaro e o 1,8% romaní. En Voivodina son cooficiais o romanés, húngaro, eslovaco, ucraíno e croata[3] Estes datos non inclúen a Kosovo, onde son cooficiais o serbio e o albanés, que é falado por un 90% da poboación.[3]

Notas[editar | editar a fonte]