Demografía de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Densidade da poboación francesa metropolitana (por departamento)
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, 2005). Poboación en miles de habitantes.

A República Francesa conta con 64.102.140 habitantes a 1 de xaneiro de 2007, dos que algo máis de 61,5 millóns vive na metrópole, o que supón arredor do 1% da poboación mundial. O crecimento demográfico francés é un dos máis dinámicos de Europa, combinando unha taxa de natalidade superior á media europea (830.000 nacimentos contra 531.200 mortes) e un saldo migratorio positivo (sobre 100.000 persoas): a poboación francesa creceu o 0,61% no último ano. No relativo á taxa de fecundidade, é de 2,01 bebés por muller, só situada por detrás de Albania e Islandia que teñen as taxas máis altas no contexto europeo. A pirámide poboacinal que se ve nestes primeiros anos do século XXI presenta un aumento progresivo dos grupos de maior idade, debido ao aumento da esperanza de vida (Francia ten unha das esperanzas de vida máis longas do mundo) e pola chegada á terceira idade de toda a xeración do baby boom (fenómeno coñecido comunmente como o papy boom).


Etnicidade[editar | editar a fonte]

En 2006, o Instituto Nacional de Estatística e Estudos Económicos (en francés: Institut National de la Statistique et des Études Économiques) estimou que 4,9 millóns de inmigrantes viven en Francia (8% da poboación). Hai que considerar que son considerados franceses os fillos de pain inmigrantes e non como estranxeiros. En consecuencia o número de cidadáns franceses de orixe estranxeira está estimado en 6,7 millóns o que representa o 10% da poboación francesa. Numerosos grupos étnicos están presentes tamén nos territorios de ultramar. A maior parte dos inmigrantes proceden de Europa (Grecia, Portugal, España, Italia, Polonia, Romanía e os países da antiga Iugoslavia. Tamén son numerosos os procedentes do Maghreb e da África Negra, sobre todo das antigas colonias.

Principais aglomeracións[editar | editar a fonte]

# Ville Rexión Poboación Intra-muros
1 París Flag of Île-de-France.svg Illa de Francia 11.174.743 2.153.600
2 Lión Flag of Rhône-Alpes.svg Ródano-Alpes 1.648.216 466.400
3 Marsella Flag of Provence Alpes Cote d Azur.png Provenza-Alpes-Costa Azul 1.516.340 820.900
4 Lille Flag of Flemish Region (De Vlaamse Leeuw).svg Norte-Paso de Calais 1.143.125 225.100
5 Tolosa Midi-Pyrénées flag.svg Mediodía-Pireneos 964.797 435.000
6 Niza Flag of Provence Alpes Cote d Azur.png Provenza-Alpes-Costa Azul 933.080 347.900
7 Bordeos Flag of Aquitaine.svg Aquitania 925.253 230.600
8 Nantes Flag of Pays-de-la-Loire.svg País do Loira 711.120 281.800
9 Estrasburgo Drap alsace.jpg Alsacia 612.104 272.700
10 Toulon Flag of Provence Alpes Cote d Azur.png Provenza-Alpes-Costa Azul 564.823 166.800