Demografía de Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución da poboación de Finlandia ao longo do país.

Finlandia conta con ao redor de 5,3 millóns de habitantes e ten unha densidade de poboación de 17 habitantes por quilómetro cadrado. Isto fai que, despois de Noruega e Islandia, sexa o país coa poboación máis esparexida en Europa. A distribución da poboación é moi desigual, xa que está concentrada na chaira costeira suroeste. Ao redor dun 60% vive en vilas e cidades, sendo 1,2 millóns os que viven no área metropolitana de Helsinqui. En Laponia, en cambio, a densidade de poboación é de só 2 persoas por quilómetro cadrado.

Os primeiros habitantes da área que conforman Finlandia, e Escandinavia en xeral, foron cazadores-recolectores e os seus devanceiros máis próximos en termos modernos serían probablemente a xente saami (antigamente coñecidos como lapóns), dos 4.500 deles se atopan vivindo en Finlandia hoxe en día e son recoñecidos como unha minoría coa súa propia linguaxe. Viviron ao norte do círculo polar ártico por máis de 7,000 anos. En 1960, unha importante cantidade de fineses abandonaron as zonas rurais do país cara Suecia, mentres que chegaron inmigrantes doutros países europeos. Cun 84% de fineses na súa congregación, a Igrexa Luterana é a máis notable do país.

As linguas oficiais son o finés e o sueco, o último sendo o idioma nativo de ao redor dun 5,7% da poboación (aínda que o seu coñecemento chega ao 46,6% da poboación). Hai unha explicación histórica para o status do sueco como un idioma oficial a pesar de ser unha minoría, xa que dende o século XIII até o século XIX, Finlandia pertenceu ao Reino de Suecia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfico de la evolución demográfica en Finlandia.
  • Poboación: 5.238.460 (est. xullo de 2007)
  • Esperanza de vida: 78,66 años
    • Homes: 75,15 años
    • Mulleres: 82,31 años (est. 2007)
  • Taxa de fecundidade: 1,73 nenos nacidos/muller (est. 2007)
  • Crecemento total da poboación: 0,127% (est. 2007)
    • Taxa de natalidade: 10,42 nacementos/1000 poboación (est. 2007)
    • Taxa de mortaldade xeral: 9,93 defuncións/1000 poboación (est. 2007)
    • Taxa de migración: 0.78 migrantes/1000 poboación (est. 2007)

Estrutura por idade[editar | editar a fonte]

  • 0-14 años: 16,9% (homes 449.548/mulleres 433.253)
  • 15-64 años: 66,7% (homes 1.768.996/mulleres 1.727.143)
  • 65+ años: 16,4% (homes 344.798/mulleres 514.722) (est. 2007)
  • Idade media: 41,6 anos
    • Homes: 40 anos
    • Mulleres: 43,1 anos

Grupos étnicos[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

Relixións[editar | editar a fonte]

Alfabetización[editar | editar a fonte]

  • Definición: poboación de quince ou máis anos de idade que pode ler e escribir.
  • Poboación total: 100%
    • Homes: 100%
    • Mulleres: 100% (est. 2000)