Demografía de Eslovenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo o último censo de oficial de 2002, Eslovenia contaba con 1.964.036 habitantes, aínda que segundo estimación no ano 2009 esta cifra ascende até os 2.053.355.

Os principais grupos étnicos do país son: eslovenos (89%), croatas, serbios, bosníacos e outras nacionalidades da ex-Iugoslavia (5,9%), e as minorías húngara e italiana (0,5%). A esperanza de vida no ano 2000 era de 71,8 años para os homes e 79,5 anos para as mulleres, porén, en 2004 aumentou a 72,1 anos para os homes e 79,8 para as mulleres.

Con 99,6 hab./km², Eslovenia está nos últimos postos entre os países europeos en densidade de poboación (comparar cos 320/km² dos Países Baixos ou os 195/km² de Italia). Aproximadamente o 50% da poboación total vive en áreas urbanas, mentres que o resto o fai en áreas rurais.

O idioma oficial é o esloveno, o cal é membro do grupo de linguas eslavas do sur. O húngaro e o italiano gozan de status de lingua oficial nas rexións étnicamente mesturadas ao longo das fronteiras italiana e húngara.