Democracy Now!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Democracy Now!
Formato Información, análise e opinión
Duración 60 minutos (de luns a venres)
Creado por Amy Goodman
Producido por Amy Goodman
Presentado por Amy Goodman e Juan Gonzalez
Cadea WBAI
Páxina web oficial
Edificio do Downtown Community Television Center, desde onde se emite o programa

Democracy Now! é un programa estadounidense de información, análise e opinión presentado por Amy Goodman e Juan Gonzalez que se emite en 850 radios e televisións, fundamentalmente dos Estados Unidos, e en menor medida do Canadá aínda que se emite en emisoras de máis de trinta países.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O programa comezou a emitirse na emisora de radio WBAI de Nova York en 1996, centrándose en información que os realizadores consideran infravalorados ou ausentes do común dos medios de comunicación. O programa financiase totalmente polas achegas económicas dos espectadores e fundacións e non acepta ningún tipo de publicidade nin subvencións gobernamentais, é o programa estrela de Pacifica Radio, caracterizado polo seu progresismo [1], aínda que no anos 2000 e 2001 houbo tirapuxas entre o programa e Pacifica que levou a esta a rexeitar distribuír o programa en agosto de 2001[2], chegando tan só a vinte emisoras de radio. Pouco despois dos ataques do 11 de setembro de 2001 comeza a emitirse tamén como programa de televisión, en xaneiro de 2002 volveu á rede Pacifica despois de que un tribunal establecese un novo consello directivo interino para a cadea[3]. En 2005 estableceuse un servizo en castelán de dez minutos diarios e un resume semanal presentado por Andrés Thomas Conteris.

Notas[editar | editar a fonte]