Demanda agregada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A demanda agregada representa a cantidade de bens e servizos que os habitantes, as empresas, as entidades públicas e o resto do mundo desexan e poden consumir do país para un determinado nivel de prezos. A curva de demanda agregada ten pendente negativa: se suben os prezos a xente comprará menos e se baixan comprará máis.

Outra xeito de ver a demanda agregada ten que ver co fluxo circular do ingreso e gasto; toda a produción dunha economía (Y), debe ter un destino, o cal está dado por: C,I,G,X,M. o ingreso xenerado na economía é igual ao seu gasto (destino) quedando como segue: Y=C+I+G+X-M=DA

Onde: DA = Demanda agregada. C = Demanda de consumo privado. I = Demanda de investimento. G = Consumo público. X = Exportacións. M = Importacións.

Por outro lado, a demanda interna calcúlase da seguinte maneira:

DI = C + I + G

E a Demanda Final como: C+I+G+X

Cambios que desprazan a Demanda Agregada da súa curva orixinal:

  1. unha política fiscal.- cando o goberno trata de influír sobre a economía mediante o gasto que realiza ou xa sexa mediante os impostos.
  2. unha política monetaria.- a través da oferta monetaria ou das taxas de xuro, canto maior é a cantidade de diñeiro, maior será a demanda agregada; ou s aumenta a taxa de xuro diminúe a demanda agregada.
  3. por factores internacionais como o tipo de cambio e do ingreso do exterior
  4. por expectativas futuras no ingreso, na inflación ou nos beneficios.