Deltaproteobacterias
| Deltaproteobacterias | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Desulfovibrio vulgaris |
|||||||
| Clasificación científica | |||||||
|
|||||||
| Ordes | |||||||
As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias ou proteobacterias delta) é un grupo de bacterias Gram-negativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria. [1]
As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aeróbicos, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaeróbicos, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema, etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaeróbicas de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficas[2] Pelobacter e Syntrophus spp.).
Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis. [3]
Índice |
Filoxenia [editar]
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e nas bases de datos taxonómicas do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada en datos do ARNr de 16 S da LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree [6]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN.
♣ O International Journal of Systematic Bacteriology ou o International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) publicaron especies que están en prensa.
Notas [editar]
- ↑ "www.ncbi.nlm.nih.gov". http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Info&id=28221. Consultado o 29 xuño 2012.
- ↑ a sintrofía é o proceso por medio do cal dous ou máis microorganismos cooperan na degradación dunha substancia que non poden degradar por si sós.
- ↑ Schmitz-Esser S, Haferkamp I, Knab S, et al (September 2008). "Lawsonia intracellularis contains a gene encoding a functional rickettsia-like ATP/ADP translocase for host exploitation". J. Bacteriol. 190 (17): 5746–52. DOI:10.1128/JB.00391-08. PMC 2519521. PMID 18606736. http://jb.asm.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18606736.
- ↑ J.P. Euzéby. "Deltaproteobacteria". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [1]. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Proteobacteria. Consultado o 29 xuño 2012.
- ↑ Sayers et al.. "Deltaproteobacteria". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [2]. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=28221&lvl=3&lin. Consultado o 29 xuño 2012.
- ↑ 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 29 xuño 2012.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- MeshName - Deltaproteobacteria [4]