Delmi Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edelmiro Álvarez Giménez,[1] nado en Vigo en 1958, é un fotógrafo e fotoxornalista galego, máis coñecido como Delmi Álvarez. Actualmente vive en Bruxelas (Bélxica) e traballa como fotoxornalista freelance para axencias e medios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na fotobienal de Vigo en 1984 e 1986. Comezou traballando para A Nosa Terra, La Región, El País e o Diario de Galicia. En 1987 acadou o premio Fotopress por Instantáneas. Entre 1990 e 1991 estivo en Cuba desenvolvendo o proxecto fotográfico Cuba, el ultimo bastion: la lucha de un pueblo, co que acadou de novo o premio Fotopress.

Entre 1991 e 1993 estivo en Croacia e Bosnia e Hercegovina cubrindo as guerras iugoslavas para La Voz de Galicia. Entre 1998 e 2009 desenvolveu o proxecto Galegos na Diáspora, fotografando personalidades da diáspora galega. O proxecto foi editado en forma de libro pola Secretaría Xeral de Emigración. O autor presentou a obra na Library of Congress en Washington e a CUNY a Universidade de Nova York, ante os emirgantes galegos que viven nesas cidades. Porén, o libro non recibiu atención en Galiza.

Sobre a Diáspora realizou tres documentais en co-producción coa Televisión de Galicia. O Rei galego de África, A última fotografía e Galegos da Guaiana venezolana. En dous destes documentais participou o xornalista galego Arturo Lezcano. Posteriormente filmou Fuga de cerebros, sobre a vida de tres parellas de científicos galegos na diáspora en Colonia, Alabama, Estocolmo e París no que falan das vicisitudes para investigar na universidade galega, as mafias, familias e demais que impiden levar a cabo traballos que sirvan de proveito para Galiza. O documental non chegou a co-producirse coa TVG ainda que existía un pacto verbal cos responsables da TVG, pero ao trocar a dirección foi rexeitado.

Delmi seguindo a sua traxectoria nos proxectos etnográficos e antropolóxicos filmou aos Himba en Namibia no documental Himbas, struggle for survive, que nunca se chegou a emitir.

Actualmente estuda Antropoloxía Social e Cultural.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Reporteiro de guerra en Iugoslavia, crónica autobiográfica (Ed. Xerais, 1994)
  • O Camiño de Santiago. Tres edicións do proxecto sobre o camiño por diferentes fotógrafos galegos e internacionais.
  • Mar. Un libro sobre a pesca galega coa ollada de catro fotógrafos: Ian Berry e Richard Kalvar (Axencia Magnum Photos), Xulio Villarino e Delmi Álvarez.
  • Retrospectiva. Exposición e libro publicado polo Concello de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]