Delicatessen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delicatessen
Título orixinal Delicatessen
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Marc Caro
Jean-Pierre Jeunet
Produtor Claudie Ossard
Guión Gilles Adrien
Marc Caro
Jean-Pierre Jeunet
Baseado en
Intérpretes Pascal Benezech
Dominique Pinon
Marie-Laure Dougnac
Jean-Claude Dreyfus
Karin Viard
Música Carlos D'Alessio
Fotografía Darius Khondji
Montaxe Hervé Schneid
Estudio
Distribuidor Miramax Films
Ano 1991
Duración 99 minutos
País Francia Francia
Xénero Humor negro, Comedia
Orzamento €3.800.000
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Delicatessen é un filme de humor negro francés dirixido por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, protagonizado por Dominique Pinon e Karin Viard que foi estreado en 1991.

Índice

Argumento[editar]

A historia desenrólase nun edificio da Francia rural e post-apocalíptica de 1950. A comida non é abonda, o gran é empregado como moeda e a poboación animal é cazada ata a extinción. Ó pé do edificio está a carnicería, que pertence ó caseiro, Clapet, quen coloca mensaxes no xornal "Tempos Duros" para atraer vítimas ó edificio, asasinalas e vendelas como carne ós habitantes do edificio.

Trala "partida" do último habitante, o pallaso desempregado Louison chega para ocupala vacante. Durante a súa rutina de mantemento do edificio, faise amigo de Julie Clapet, e esta relación convértese en namoramento. Coñecedora das intencións do seu pai e a inminente morte de Louison, Julie descende ós sumidoiros para atopar ós temidos Trogloditas, un grupo rebelde de franceses vexetarianos, ós cales convence para que rescaten a Louison.

Despois da morte e desmembramento (por carne) dunha anciá, os Trogloditas volven, e o Sr. Clapet, xunto ós habitantes caníbais do edificio, atormentan a Louison na súa habitación para asasinalo. Louison, coa axuda de Julie, fire a tódolos inquilinos posibles ó anegar o seu apartamento. Logra escapar da morte por moi pouco, logo de que Clapet accidentalmente se matara coa arma de Louison, un búmerang. O filme remata con Julie e Louison desfrutando da compaña do outro no agora pacífico edificio.

Personaxes[editar]

Galardóns e nomeamentos[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]