Delhi - दिल्ली
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Delhi (hindi: दिल्ली, urdú: دہلی ou دلّی)) é unha cidade de India, dentro do National Capital Territory, que de feito constitúe parte da súa área metropolitana e onde se atopa Nova Deli, capital do país, coma un barrio da vella e gran metrópole (9.817.439h, censo 2001 ).
Delhi sitúase no norte do subcontinente indio, á beira do río Yamuna, un dos grandes afluentes do Ganxes.
No lugar teñen existido cidades dende tempos míticos, pero a súa relevancia histórica comeza cando os musulmáns invasores da India a elixen como capital. Despois, nun ritmo sen pausa de destrución e reconstrución alcada o seu esplendor como capital da dinastía Mogol no século XVII cando se constrúe o Forte Roxo.
[editar] Área Metropolitana
En contra do difundido nos últimos tempos, a metrópole maior da India vai ser Delhi (ver historia urbana) e non Bombai. O crecemento nos últimos anos do aglomerado urbano en que radica a capitalidade do país ten sido maior que a daquela ata sobrepasala.
O AM de Delhi confórmase, ademais de coa poboación da National Capital Territory (13.782.976h, censo 2001) cunha coroa de cidades que están a crecer aceleradamente nesta última década: Faridabad (1.054.981h) no sur e Ghaziabad (968.521) ao leste son as maiores. Máis ao nordeste a área de Delhi, na súa expansión, conúrbase co de Meerut (1.074.225h; 1.167.399 no AM), cidade de Uttar Pradesh tamén cun gran crecemento pola súa proximidade á capital.