Dele Ajiboye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dele Ajiboye
Información persoal
Nacemento 7 de agosto de 1990
Lugar de nacemento Osogbo
Posición gardameta
Na rede
FIFA: 269087 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Oladele Muniru Ajiboye, nado en Osogbo o 7 de agosto de 1990, é un futbolista nixeriano, que xoga de porteiro no Pontevedra CF. No mundo do deporte é coñecido como Dele Ajiboye.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ajiboye comezou a súa carreira no Prime F.C.[1]. En setembro de 2008 fichou polo Wikki Tourists F.C., cos que xogou 14 partidos. O 16 de setembro de 2009 chegou a Pontevedra[2]. Na tempada 2010-2011, na que xogou co dorsal nº 13, viuse afectado pola crise económica do club granate[3].

Foi internacional nas categorías inferiores da selección de fútbol de Nixeria[4], gañando o campionato sub-17 da FIFA celebrado en Corea do Sur en 2007[5]. O 15 de decembro de 2008 recibiu a convocatoria da selección sub-20 para o Campionato da Mocidade de África de 2009, celebrado en Ruanda[6], e participou no campionato do mundo sub-20 da FIFA celebrado en Exipto en 2009[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. web Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine. dos Nigerian Eagles sub-17 (en inglés).
  2. "Nigeria Under-20 Goalkeeper Dele Ajiboye Joins Spanish Club Pontevedra", artigo en www.goal.com, 17 de setembro de 2009 (en inglés)
  3. "Sen diñeiro e con comida ata xaneiro"[Ligazón morta], entrevista en La Voz de Galicia, 17 de decembro de 2010.
  4. Artigo[Ligazón morta] en www.kickoff.com (en inglés)
  5. FIFA Stats Arquivado 25 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  6. All Africa.com
  7. Nigeria: Siasia Makes Up Mind