Del roig al blau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Del Roig al blau. La transició valenciana (Do vermello ao azul. A transición valenciana) de 2004 é un documental sobre a transición española no País Valenciano entre os anos 1975 e 1982, desde a morte de Francisco Franco ata a aprobación do Estatuto de Autonomía.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Nel relátanse as grandes manifestacións, as primeiras eleccións, e a que se chamará a Batalla de Valencia, a partir de entrevistas a algúns dos actores políticos e sociais que máis interviron naquel momento.

O documental nace como iniciativa dun proxecto presentado por Albert Montón á edición 2001-2002 do Master de Producció i Edició de Continguts Audiovisuals do Taller d'Audiovisuals da Universidade de Valencia. A idea espertou o interese e o documentalista Llorenç Soler asumiu a súa dirección e Miquel Francés a produción.

O nome do documental cóllese dun libro de Alfons Cucó, quen viviu en primeira persoa moitos daqueles acontecementos, que posteriormente analizou e documentou.

Entrevistados[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio do público á mellor película valenciana na VII Edición dos Premios Tirant.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]