Dejan Savićević
| Dejan Savicevic |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Dejan Savicevic | ||
| Alcume: | Dejo, Il Genio, Genije | ||
| Data de nacemento: | 15 de setembro de 1966 | ||
| Lugar de nacemento: | Titograd, Iugoslavia, hoxe Serbia | ||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | Retirado | ||
| Posición: | Mediapunta, Estremo esquerdo | ||
| Altura: | metros | ||
| Partidos internacionais: | 55 (coa Iugoslavia) | ||
| Goles: | 29 (selección) | ||
| Ano do debut: | 1988 | ||
| Club do debut: | Budućnost | ||
| Ano do retiro: | 2001 | ||
| Club do retiro: | Rapid de Viena | ||
Dejan Savicevic (Serbio Cirílico: Дејан Савићевић) nado o 15 de setembro de 1966, comezou a súa carreira futbolística cando tiña 15 anos nos equipos xuvenís do OFK Titograd. Xogou na primeira división iugoslava no Budućnost e gañou a súa primeira copa coa selección nacional no 1988 contra a Selección de fútbol de Turquía. Inmediatamente foi cedido ó equipo máis importante de Iugoslavia, o Estrela Vermella de Belgrado. Co Red Star conseguiu tres títulos nacionais consecutivos no 1990, 1991 e 1992, dous copas nacionais en 1990 e 1992 así coma unha Copa da UEFA e unha Copa Intercontinental, ámbalas dúas no 1991. Nese mesmo ano compartiu segundo premio na votación para o Balón de Ouro.
O seu férreo control e a súa visión convenceron ó AC Milan para fichalo e cubri-la vacante deixada por van Basten e lle deron a oportunidade de demostra-las súas habilidades cara a unha audiencia máis numerosa. Na súa primeira tempada xogando para os rossoneri xogou 10 encontros e arquivou catro goles. Na seguinte converteuse nun xogador regular levando ó Milán a unha Liga e unha Copa de Europa e foi nomeado coma O Xenio (Il Genio) por Berlusconi, daquela o presidente do club. A súa actuación na final da Copa de Europa constituíu o seu mellor momento no fútbol e foi aclamado coma unha das mellores actuacións individuais vistas na competición. Creou un gol aberto e arquivou unha media volea espectacular de 35 iardas nunha vitoria que rematou cun 4-0. Pese a indiferenza de cara ó equipo na seguinte tempada, Savicevic levou ó Milan ata a terceira final da Copa de Europa pero non xogou debido á unha lesión, aínda que Savicevic insistira en que el estaba recuperado. O Milan, na falta da súa creatividade, perdeu nunha final irregular contra o Ajax por 1-0. Co Milan gañou sete trofeos, incluíndo tres scudettos, dous Copas de Europa e unha Supercopa de Europa, mais foi moi criticado polos medios italianos por non esforzarse nos encontros contra os equipos modestos e as súas intervencións irregulares, aínda que no seu día foi un dos mellores xogadores do mundo.
Logo de retirarse, Savicevic adestrou á Selección de fútbol de Iugoslavia e máis tarde á Selección de fútbol de Serbia e Montenegro. Retirouse no 2003 despois de perder 2-1 contra a Selección de fútbol de Azerbaijan no partido de clasificación para a Eurocopa de 2004.