Declaración de Independencia de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Declaración de Independencia (en irlandés Forógra na Saoirse, en inglés Declaration of Independence, en francés Déclaration d'Indépendance) foi un documento adoptado polo Dáil Éireann, o parlamento revolucionario da República Irlandesa, na súa primeira reunión na Mansion House de Dublín, o 21 de xaneiro de 1919. Seguiu o manifesto do Sinn Féin de decembro de 1918. Os textos da Declaración foron redactados en tres linguas: irlandés, inglés e francés.

Alcance[editar | editar a fonte]

A República Irlandesa reclamaba abranguer a totalidade da illa de Irlanda. A Declaración non facía mención á independencia dos 32 condados da illa, só á independencia da nación irlandesa ou dos irlandeses. A República rivalizaba coa administración británica do Lord Tenente de Irlanda, mais coa Guerra de Independencia Irlandesa a súa lexitimidade aos ollos do pobo irlandés foi en aumento. A República Irlandesa foi sucedida polo Estado Libre Irlandés en 1922, logo do Tratado Angloirlandés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.