Deca-

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deca (símbolo da) é un prefixo do SI de unidades que denota un factor de 101, ou 10. É un prefixo numérico derivado do grego δέκα, dez.

O prefixo foi adoptado por Francia en 1795 e internacionalmente en 1960. Porén non posúe un uso moi común. Algunhas veces é escrito como D, Da, ou dk, estas variacións non son definidas polo SI.


Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]