Dead Space

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dead Space é un videoxogo en terceira persoa pertencente ao xénero dos survival horror. Foi programado por EA Redwood Shores e distribuído por Electronic Arts para Xbox 360, PS3 e PC Windows en outubro de 2008.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Dead Space narra unha historia de terror acontecida nunha nave espacial, denominada USG Ishimura. A nave interrumpiu as comunicacións coa Terra e parece que perdeu a capacidade motriz. Un grupo de técnicos de mantemento foi enviado nun pequeno vehículo para reparar tanto as comunicacións coma os motores. O equipo componse dun enxeñeiro experimentado, Isaac Clarke; unha informática experta, Kendra Daniels; dous escoltas armados e o xefe do equipo, Zach Hammond. A bordo da nave descobren que esta atópase en alerta por perigo biolóxico. A maioría das comportas están pechadas e os circuítos de aire, selados. Os tripulantes da Ishimura desapareceron, pero unha serie de monstros agreden á expedición protagonista. Á medida que avanzan, descobren que aparentemente, un virus accedeu dende unha colonia á nave. O virus infectou aos tripulantes e converteunos en monstros, denominados necromorphs.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

Dead Space considerouse un dos mellores survival horror da sétima xeración de videoconsolas, acadando notas elevadas en distintos medios especializados. A versión de PC acadou un 86 [1], a de PS3, un 88 [2] e a de Xbox 360 un 89 [3].

Vendas[editar | editar a fonte]

As vendas foron máis discretas que outros xogos do mesmo xénero, coma Resident Evil 5. A versión de PS3 vendeu 1 millón de exemplares [4], mentres que a de Xbox 360 non superou tal cifra, quedándose nos 970.000 [5].

Notas[editar | editar a fonte]