Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robles á esquerda da imaxe.
Dayron Robles, nado en Guantánamo o 19 de novembro de 1986, é un atleta cubano especializado nos 110 metros valados.
Dayron Robles é un atleta especializado nas carreiras de valados, de 1.92 m e 80 kg de peso[1]. Empezou a destacar a nivel internacional cando se proclamou en 2006 subcampión do mundo en pista cuberta en Moscova, sobre a distancia curta de 60 metros valados. Dous anos despois, nos mundiais de 2008 de pista cuberta, foi descualificado logo de frearse despois de botarse a correr ao coidar que fixera unha saída nula e non superar os valados.[2]
O 12 de xuño de 2008 conseguiu o record do mundo de 110 metros valados ao rexistrar 12"87, cun vento favorábel de 0.9 m/s.[3] A carreira disputouse no marco dunha proba internacional en Ostrava (República Checa). O anterior posuidor do record do mundo era o chinés Liu Xiang que atesouraba 12"88, tres centésimas máis.
Resultados [editar]
| Ano |
Proba |
Localidade |
Resultado |
Distancia |
Marca |
| 2003 |
Campionatos do Mundo Xuvenís |
Sherbrooke, Canadá |
6º |
110 m valados |
13"91 |
| 2004 |
Campionatos do Mundo Júnior |
Grosseto, Italia |
Prata |
110 m valados |
13"77 |
| 2005 |
Xogos de Centroamérica e Caribe |
Nassau, Bahamas |
Prata |
110 m valados |
13"41 |
| 2006 |
Campionato do Mundo de Atletismo pista cuberta |
Moscova, Rusia |
Prata |
60 m valados |
7"46 |
| 2006 |
Xogos de Centroamérica e Caribe |
Cartagena, Colombia |
Ouro |
110 m valados |
13"12 |
| 2007 |
Xogos Panamericanos |
Río de Xaneiro, Brasil |
Ouro |
110 m valados |
13"25 |
| 2007 |
Campionato do Mundo de Atletismo 2007 |
Osaca, Xapón |
4º |
110 m valados |
13"15 |
| 2008 |
Xogos Olímpicos de 2008 |
Pequín, China |
Ouro |
110 m valados |
12"93 |
| 2009 |
Xogos de Centroamérica e Caribe |
A Habana, Cuba |
Ouro |
110 m valados |
13"18 |
| 2010 |
Campionato do Mundo de Atletismo pista cuberta |
Doha, Qatar |
Ouro |
60 m valados |
7"34 |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]