Davila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Davila é un apelido toponímico galego. Cómpre non confundilo co castelán Dávila.

Orixe[editar | editar a fonte]

O apelido Davila, correctamente escrito da Vila viría do galego-portugués, coma nome topográfico para calquera que fose da vila (da aldea ou da cidade). Ten a mesma orixe que o tamén galego apelido: Vila. É abundante nas Rías Baixas.

Moitas veces confúndese co apelido castelán tamén toponímico: Dávila, que viría D'Ávila, de Ávila, calquera que viría desta cidade. Por este motivo nos rexistros galegos moitas veces tense castelanizado Davila a Dávila, especialmente cando era levado por persoal castelán. O apelido castelanizado Dávila estendeuse moito coa emigración galega por toda América.

Persoeiros con este apelido[editar | editar a fonte]

Davila[editar | editar a fonte]

  • Alexandru Davila, romanés dramatista, diplomático, administrador público, e memorista, fillo do doutor Carol Davila, nado en 1862.
  • Andrew Davila, autor e poeta estadounidense, nado en 1983.
  • Carol Davila (1828-1884), Carlos Antonio Francesco Davila (Charles Davila) nado en Parma , Italia, foi un médico, físico e farmacéutico romanés de orixe francesa, nado en Italia, educado na Alemaña e Francia.
  • Enrico Caterino Davila, historiador italiano, nado en 1576, a súa familia era orixinaria de Ávila, polo que sería en realidade Dávila.
  • Jacques Davila, asistente director francés, 1941-1991.
  • Luis Davila (1927-1998), actor arxentino.
  • Olaia F. Davila, política galega nada en Castrelos, Vigo , en 1954.
  • Pedro Ortiz Davila ("Davilita"), cantante do Porto Rico, nado en 1912.
  • Robert C. Davila científico estadounidense, presidente de Davila Enterprises Corp, nado en 1967.
  • Robert R. Davila, presidente da Universidade de Gallaudet.
  • Rudolph B. Davila, medalla de honra na Segunda Guerra Mundial.
  • Xoán Davila, importante escultor galego renacentista, nado en Tui no século XVI e finado en Santiago de Compostela en 1610.

Dávila[editar | editar a fonte]