David Seijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Seijo
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3872929 Editar o valor em Wikidata

David Seijo Sanmiguel, nado en Vilagarcía de Arousa o 25 de febreiro de 1983, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu formación completa no estudo Juan Carlos Corazza (2004-2009). Cursou diversos seminarios entre os que se poden destacar: Roles y registros con Catalina Lladó, Técnica con Manuel Morón, Espacio escénico con Jean Guy Lecat entre outros.

Desde mozo mostrou interese pola interpretación, involucrándose en proxectos teatrais e musicais. Logo de varios anos de estudo, trasládase á Coruña, lugar onde reside a súa familia paterna, para estudar Pedagoxía teatral.

Alí vincúlase a un grupo de comedia da arte chamada Estragón, co que representa varias funcións de teatro como Mariones ou Muertos vivos. Máis tarde márchase a Aviñón (Francia) para estudar Comedia da arte con Carlo Bosso e seminarios de pantomima e esgrima con Josef Markocki.

Cinema[editar | editar a fonte]

No mundo do cine colaborou nas películas León e Olvido (2004) e Rafael (2008), ambas de Xavier Bermúdez e en televisión en Rías Baixas (1999) e La Rosa de Alejandría (2003).

Logo de terminar a diplomatura decide marchar a Madrid para formarse na escola para o actor Juan Carlos Corazza. Fai varias curtametraxes como Cuando me recuerdes e Una vida a través del objetivo, e anuncios de televisión como o de Seat Ibiza 25 aniversario e Spot McCain. Non se desvincula de Galicia representando en múltiples ocasións Os berros do silencio, obra ambientada nos naufraxios da Costa da Morte.

Televisión[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]