David Sarnoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Sarnoff
Nacemento27 de febreiro de 1891
Lugar de nacementoUzliany
Falecemento12 de decembro de 1971
Lugar de falecementoManhattan
SoterradoCemitério Kensico
NacionalidadeImperio Ruso e Estados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Ocupaciónemprendedor e enxeñeiro
CónxuxeLizette Hermant
FillosThomas Warren Sarnoff, Edward Sarnoff e Robert Sarnoff
PremiosFreedom Award, Prêmio David Sarnoff IEEE, Medalha Fundadores IEEE e Trustees Award
Na rede
Discogs: 1669516 WikiTree: Sarnoff-12 Find a Grave: 4013 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David Sarnoff, nado o 27 de febreiro de 1891 preto de Minsk e finado o 12 de decembro de 1971, foi un home de negocios e pioneiro da radio e a televisión comerciais nos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha comunidade xudía preto da cidade de Minsk, entón parte do Imperio Ruso. En 1900 marchou con súa nai e irmáns a Nova York, onde xa estaba seu pai. Aos quince anos tivo que procurar traballo para soster á familia logo que seu pai enfermara de tuberculose, logrou un traballo na Commercial Cable Company dedicada á telegrafía, entrando pouco despois, setembro de 1906, na Marconi Company, realizando diferentes tarefas en oficinas e navíos chegando a inspector xefe e director comercial. Foi o primeiro director xeral da Radio Corporation of America (RCA) desde pouco despois da súa constitución en 1919 ata 1930 e despois presidente ata o seu retiramento en 1970. En 1926 formou a National Broadcasting Company (NBC) para explotar o mercado de radio comercial e a partir de 1930 apoiou economicamente o desenvolvemento do sistema de televisión que viña realizando Vladimir Zworykin. Durante a segunda guerra mundial serviu co xeneral Dwight D. Eisenhower, foi responsable da restauración das emisións de Radio Francia e polos seus servizos foi ascendido a xeneral de brigada na reserva da Arma de transmisións en 1945, sendo coñecido en diante como o Xeneral ("The General")[1]

Notas[editar | editar a fonte]