David Mitchell (escritor)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
David Mitchell, nado en Southport, Merseyside, en xaneiro de 1969, é un novelista inglés. Das súas catro novelas dúas foron propostas para o Booker Prize.
Traxectoria [editar]
David Mitchell estudou Literatura inglesa e norteamericana na Universidade de Kent. Viviu en Sicilia, Hiroshima (onde ensinou inglés durante oito anos e coñeceu a súa esposa). Na actualidade vive en Cork, Irlanda.