David G. Bromley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

David G. Bromley, nado en 1941, é un sociólogo estadounidense, profesor de socioloxía e estudos relixiosos na Virginia Commonwealth University e na Universidade de Virxinia nas que centra a súa investigación académica na socioloxía da relixión, primariamente nas seitas, novos movementos relixiosos, a apostasía e o movemento antiseita.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colby College e na Universidade Duke. Entre 1968 e 1974 deu clase na Universidade de Virxinia e logo na Universidade de Texas en Austin (1976–1980) e Universidade de Hartford (1980–1983) e desde 1983 ensina nas universidades de Virxinia e na Virginia Commonwealth. Entre 1992 e 1995 foi editor do Journal for the Scientific Study of Religion, publicado pola Society for the Scientific Study of Religion, e foi presidente da Association for the Sociology of Religion en 1994. Bromley segue varias liñas de investigación: a análise da organización dos novos movementos relixiosos como fixo na súa primeira obra dedicada á Igrexa da Unificación publicada en 1979, salientando a mobilización de recursos para interpretar o seu medre. Outra liña é a relación entre novos movementos e contracultura que analiza como un todo, ao que lle engade o movemento antiseitas

Obra[editar | editar a fonte]

  • "Moonies" in America: Cult, Church and Crusade. Beverly Hills: SAGE Publications, 1979. (con Anson Shupe).
  • 'The New Vigilantes: Anti-Cultists, Deprogrammers and the New Religions, SAGE Publications, 1980. 267 pp. (con Anson Shupe).
  • Strange Gods: The Great American Cult Scare. Boston: Beacon Press, 1981 (con Anson Shupe)
  • The Anti-Cult Movement in America: A Bibliography and Historical Survey (con Anson Shupe e Donna L. Oliver). New York and London: Garland, 1984.
  • The Brainwashing/Deprogramming Controversy: Historical, Sociological, Psychological and Legal Perspectives. New York: Edwin Mellen Press, 1984. (editor con James T. Richardson).
  • New Christian Politics. Macon: Mercer University Press, 1984. 288 pp. (editor con Anson Shupe).
  • The Future of New Religious Movements. Macon: Mercer University Press, 1987. 278 pp. (editor con Phillip Hammond).
  • Falling from the Faith: The Causes and Consequences of Religious Apostasy. Newbury Park: SAGE Publications, 1988. (editor)
  • Krishna Consciousness in the West. Lewisburg: Bucknell University Press, 1988. 290pp. (editor con Larry Shinn).
  • The Satanism Scare. Hawthorne, NY: Aldine de Gruyter, 1991. (editor con James Richardson e Joel Best).
  • Anticult Movements in Cross-Cultural Perspective. New York: Garland Publishers, 1994 (editor con Anson Shupe).
  • The Politics of Religious Apostasy: The Role of Apostates in the Transformation of Religious Movements. Westport, CT: Praeger Publishers, 1998. (editor)
  • Toward Reflexive Ethnography. Volume 9: Religion and the Social Order (editor con Lewis Carter). Oxford: Elsevier, 2001.
  • A Tale of two Theories: Brainwashing and Conversion as Competing Political Narratives, in Benjamin Zablocki e Thomas Robbins, eds. Misunderstanding Cults: Searching for Objectivity in a Controversial Field(Toronto: University of Toronto Press, 2001).
  • Cults, Religion, and Violence. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. (Editor con J. Gordon Melton)
  • Cults and New Religions: A Brief History (con Douglas E. Cowan, Wiley-Blackwell 2007)
  • Teaching New Religious Movements : Cambridge University Press, 2007

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Swatos, William H..; Kivisto, Peter (1998). Encyclopedia of Religion and Society. Rowman Altamira. pp. 63–64. ISBN 978-0-7619-8956-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Web de David Bromley na Virginia Commonwealth University. (en inglés)