David Fernández Calviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Fernández Calviño
Nacemento1979
Lugar de nacementoToén
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

David Fernández Calviño, nado en Puga (Toén) en 1979, é un científico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Puga, é Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Universidade de Vigo e Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose pola Universidade de Vigo e obtendo a cualificación de sobresaínte Cum Laude. Traballou como investigador e profesor na Universidade de Vigo, colaborando como investigador convidado no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia en Compostela, no Instituto de Ciencias Agrarias do CSIC en Madrid e na Universidade de Lund (Suecia). Actualmente traballa na Universidade de Copenhaguen en Dinamarca.

Foi presidente da Comunidade de Montes A Fenteira, pertencente ós veciños da parroquia de Puga dende novembro de 2000 a xaneiro do 2013.

Foi membro das candidaturas do BNG no concello de Toén nos anos 2003, 2007 e 2011, sendo concelleiro en distintos períodos. Abandonou o BNG en febreiro de 2012 xunto con outros compañeiros. Foi militante de Anova - Irmandade Nacionalista dende a súa asemblea constituínte.

En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense e foi elixido deputado. En novembro de 2013 dimitiu por ir a traballar como investigador a Dinamarca. O seu escano foi ocupado por Carmen Iglesias Sueiro que foi suspendida de militancia de Esquerda Unida por non ceder a favor dun compañeiro de ANOVA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]