David Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Costas
David Costas co Celta en 2018.
Información persoal
Nome David Costas Cordal
Nacemento 26 de marzo de 1995 (29 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,81 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Almería
Carreira xuvenil
2012–2013 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Celta de Vigo B 10 (0)
2013– Celta 38 (0)
2015–2016RCD Mallorca (cedido) 24 (0)
2017Real Oviedo (cedido) 19 (3)
2017–2018Barcelona B (cedido) 37 (0)
2018–2019 Almería (cedido) 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 24 de novembro de 2019.
editar datos en Wikidata ]

David Costas Cordal, nado o 26 de marzo de 1995 en Chapela (Redondela), é un futbolista galego que xoga na posición de defensa. Actualmente xoga na UD Almería da Liga SmartBank, cedido polo Celta de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo debutando co primeiro equipo ao pouco de subir ao filial dende o equipo xuvenil, o 25 de agosto de 2013 ante o Real Betis Balompié.

Foi internacional coa selección española sub-21, coa que xogou 1 partido, ademais dos 3 que xogou coa sub-19.

O 25 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa cesión ata final de tempada á UD Almería da Segunda División.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Ano Club División País Partidos Goles
2012-2013 Real Club Celta Xuvenil División de Honra Galicia
2012-2013 Celta de Vigo B Terceira División Galicia 4 0
2013-2014 Celta de Vigo B Segunda División B Galicia 6 0
2013-2014 Celta de Vigo Primeira División Galicia 18 0
2014- 2015 Celta de Vigo Primeira División Galicia 3 0
2015-2016 RCD Mallorca Segunda División Illas Baleares 24 0
2016-2017 Celta de Vigo Primeira División Galicia 3 0
2017 Real Oviedo Segunda División Asturias 19 3
2017-2018 Barcelona B Segunda División Cataluña 37 0
2018-2019 Celta de Vigo Primeira División Galicia 4 0

Notas[editar | editar a fonte]