Dattatreya Ramachandra Kaprekar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dattatreya Ramachandra Kaprekar, nado en Dahanu, India, o 17 de xaneiro do 1905 e finado en Devlali, tamén na India, no 1986, foi un matemático indio. Salientou polas súas investigacións no eido da Teoría dos números.
Índice |
[editar] Biografía e traxectoria
Estudou no Fergusson College de Pune, gañando no 1927 un importante premio matemático indio. Continou os seus estudos na Universidade de Mumbai, licenciándose pero sen chegar a doutorarse. Traballou como mestre de escola na cidade india de Nashik.
Entre as súas contribucións ás matemáticas figuran os descubrimentos dunha clase de números e dunha constante que levan o seu nome.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- O misterio do número 6174, artigo de Yutaka Nishiyama (en inglés).