Darío II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darío II
Nacemento475 a. C.
Lugar de nacementoPersia
Falecemento404 a. C.
Lugar de falecementoBabel
SoterradoNaqsh-e Rostam
NacionalidadeImperio Aqueménida
RelixiónZoroastrismo
Ocupaciónmonarca e Xa
PaiArtaxerxes I
NaiCosmartidene
CónxuxeParisatis
FillosOstanes, Artaxerxes II, Ciro o Novo e Amástris (filha de Dario II)
IrmánsParisatis, Xerxes II, Arsites e Sogdiano
editar datos en Wikidata ]

Darío II, chamado orixinalmente Oco e a miúdo co alcume de Nothus "bastardo", foi rei de Persia de -423 a -404.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Artaxerxes I, morreu pouco despois do 24 de decembro de -424, e sucédeo o seu fillo Xerxes II. Logo dun mes e medio Xerxes foi asasinado polo seu irmán Sogdiano. O seu irmán ilexítimo, Oco, sátrapa de Hircania, rebelouse contra Sogdiano, e logo dunha breve loita matouno, e atallou a tentativa de traizón do seu propio irmán Arsites para imitar o seu exemplo.

Oco adoptou o nome a Darío aínda que nas crónicas é chamado Nothus, significando "o bastardo". Nin Xerxes II nin Sogdiano están rexistrados nas numerosas taboíñas babilonias de Nippur, nestas o reinado de Darío II segue inmediatamente despois ao de Artaxerxes I.

Do reinado de Darío sabemos moi pouco, só que el era bastante dependente na súa esposa Parisátide. Unha rebelión dos Medos en -409 é mencionada por Xenofonte. Nos textos de Ctesias rexístranse algunhas intrigas do harén, nos que gañou parte da súa mala reputación.

Como o poder de Atenas quedou intacto non se entremeteu en asuntos gregos, nin o provocou o apoio que os atenienses deron en -413 ao rebelde Amorges en Caria, nin cando o poder ateniense foi roto no mesmo ano ante Siracusa.

Deu as ordes aos seus sátrapas de Asia Menor, Tisafernes e Farnabazo, para atrasar o envío de tributos dos pobos gregos, e así empezar unha guerra con Atenas, para este propósito aliáronse con Esparta. En -408 mandou ao seu fillo Ciro a Asia Menor, para continuar a guerra con máis ardor. En -404 Darío II morre, logo dun reinado de dezanove anos, sucedéndoo Artaxerxes II.

Imperio Persa

Segue a:
Xerxes II
Darío II
Precede a:
Artaxerxes II
Dinastía Aqueménida