Darío Bugallal Araújo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDarío Bugallal Araújo
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1863 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Ramón Bugallal Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsidoro Bugallal e Gabino Bugallal Editar o valor em Wikidata

Darío Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 23 de xullo de 1863 e finado en Madrid o 29 de novembro de 1948, foi un notario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz. Avogado e notario. Foi elixido deputado polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1896 e nas de 1907 e polo distrito de Bande nas eleccións de 1910. Foi senador pola provincia de Ourense (1899, 1900, 1907, 1908, 1909) e senador vitalicio dende 1914. Foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. Foi conselleiro do Banco Hipotecario de España. Finou en Madrid o 29 de novembro de 1948.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou o 15 de xullo de 1897 con María del Carmen Yravedra Pérez de la Reguera, e foi pai de María Ana, Luis e Carmen Bugallal Yravedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC, 1-12-1948, p. 19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]