Danny Goffey
| Danny Goffey | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 7 de febreiro de 1974 (39 anos) |
| Orixe | Slough, Buckinghamshire |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | batería |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Supergrass |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Daniel Robert Goffey, nado o 7 de febreiro de 1974, é o batería da banda de rock inglesa Supergrass.
Goffey comezou a súa carreira musical na banda Fallopian Tubes, na escola primaria. No Wheatley Park School, en Oxford, el convertíuse no batería de The Jennifers que tiña na súa formación a un noviño Gaz Coombes como vocalista. The Jennifers comezaron a gañar reputación na escena indie de Oxford e editaron un sinxelo en 1992 através da Nude Records antes de separarse. Despois disto Goffey e Coombes decidiron continuar traballando xuntos no futuro.
En 1993 Coombes presentoulle a Goffey ao seu compañeiro Mick Quinn, e os tres comezaron a tocar xuntos. Pouco despois Theodore Supergrass, o primeiro nome de Supergrass, formouse. A banda conseguíu un grande éxito´, sobre todo durante o auxe do britpop, a mediados dos 90.