Danilo Türk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Danilo Türk

Presidente de Eslovenia
Período22 de decembro de 2007 - actualidade
AntecesorJanez Drnovšek
Datos persoais
Nacemento19 de febreiro de 1952
 Maribor
CónxuxeBarbara Miklič Türk
Alma máterUniversidade de Ljubljana, University of Belgrade Faculty of Law e Universidade de Belgrado
Profesiónxurista, diplomático e político
editar datos en Wikidata ]

Danilo Türk, xurista, diplomático e político, é o presidente de Eslovenia dende o 22 de decembro de 2007.

Datos biográficos[editar | editar a fonte]

Türk estudou Dereito na Universidade de Liubliana, onde traballou desde 1978 como profesor, sendo nomeado en 1995 Catedrático de Dereito Internacional. Entre o 1992 e o 2000 foi Embaixador de Eslovenia ante as Nacións Unidas, e presidente do Consello de Seguridade da ONU en agosto de 1998 e novembro de 1999[1]. Kofi Annan nomeouno Secretario Xeral Adxunto para Asuntos Políticos das Nacións Unidas. Entre outros asuntos, interveu ante o Consello de Seguridade sobre o conflito palestino-israelí.

Eleccións[editar | editar a fonte]

En 2007 decidiu presentarse ás eleccións presidenciais de Eslovenia. Contaba co apoio dos Socialdemócratas, de Zares e de DeSus, entre outros grupos. Na primeira volta das presidenciais, o 21 de outubro de 2007, obtivo un 24,54% dos votos, fronte a Lojze Peterle, que obtivo 28,50%. Ambos se enfrontaron na segunda volta das presidenciais o día 11 de novembro, onde se alzou coa vitoria obtendo o 68,2% dos votos[2]. Asumiu como terceiro presidente o 23 de decembro de 2007, moi poucos días antes de que Eslovenia asumise a Presidencia da Unión Europea.

Predecesor:
Janez Drnovšek
Presidente de Eslovenia
2007 -

Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Presidents of the Security Council : 1990-1999", UN.org.
  2. “UN diplomat wins Slovenia election”, Al Jazeera, 11. November 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]