Daniel Zueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Zueras
DanielZuerasAriño1.jpg
Concierto en Ariño, Agosto 2007
Orixe Zaragoza, Aragón Flag of Aragon.svg
Período 2007 -
Xénero(s) pop, dance
Selo(s) discográfico(s) Universal Music- Vale Music
Web oficial DanielZuerasFanClub.com


Daniel Zueras Herreros, nado en Zaragoza o 13 de novembro de 1980, é un cantante aragonés de pop e dance. A súa música é unha mestura Pop/Dance e R&B, con influencias da electrónica dos anos 80. Foi concursante do concurso musical de Telecinco Operación Triunfo 2006, quedando en segundo posto, por detrás de Lorena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde moi pequeno quixo dedicarse ó mundo da música. Fillo dun axente comercial e dunha cociñeira, estudou solfeo e piano. Gústalle correr pero, sobre todo, cantar. Antes de ingresar en Operación Triunfo traballaba como camareiro os fins de semana nun cine da capital aragonesa, pero sempre quixo dedicarse á música, sendo o seu ídolo Mariah Carey. No 2006 chegou a súa oportunidade.

Operación Triunfo[editar | editar a fonte]

En 2006, Daniel presentouse aos cástings de Barcelona, nos que pasou tódalas probas ata que lle deron a feliz noticia de que era un dos 20 finalistas que actuarían na Gala 0 de Operación Triunfo con Jesús Vázquez.

Dende o inicio do concurso Daniel caracterizouse na Academia pola súa doce voz, coa que interpretou temas Pop e baladas, coma "Otra vez" (de Coti con Paulina Rubio), "Unchained Melody", de Righteous Brothers, "Last Christmas" de George Michael, "Blue Velvet", de Bobby Vinton, ou "Me & Mrs. Jones", de Billy Paul. Daniel conseguiu o segundo posto, por diante de Leo e a poucos votos de Lorena, gañadora do concurso.

Siempre sale el sol[editar | editar a fonte]

Despois de pasar varios meses traballando entre Roma e Madrid, o seu álbum debut, compaxinándoo cos concertos de Operación Triunfo, o 23 de abril de 2007 saíu ó mercado, Siempre sale el sol un disco con temas pop, dance e R&B.

Unha semana antes publicárase o primeiro single do disco (16 de abril), que se titula "No quiero enamorarme". Dende esa data o videoclip tivo moita repercusión entre o público, debido a que nese video saen escenas con contidodo sexual (un trío entre Daniel, unha moza e un mozo). O vídeo, según Daniel, pretendía romper coa imaxe de mozo inocente que se lle deu na Academia. En Youtube, o videoclip tivo máis de 628.080 visualizacións en 7 meses, e tivo moitas opinións de apoio e de forza.

Durante os primeiros 5 meses no mercado Daniel vendeu 25.000 copias do seu disco Siempre sale el sol, que chegou a ocupar o posto #31 das listas de Ventas Españolas. Un bo comezo para este artista que acaba de entrar no mundo da música.

Dani recibiu un premio como Artista Revelación do 2007, otorgado polo Grupo Vocento, pola súa trayectoria musical.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "No Quiero Enamorarme" (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]