Daniel Tammet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Tammet

Daniel Paul Tammet, nado o 31 de xaneiro de 1979, é un mozo británico considerado un xenio pola súa facilidade no desenvolvemento de cálculos complexos matemáticos así como para a aprendizaxe de diversas linguas.

Índice

Traxectoria [editar]

É o primeiro de nove irmáns dunha familia de clase media londiniense. Escribiu as súas memorias Born on a Blue Day, nas que fala de temas como a epilepsia, a sinestesia ou a síndrome de Asperger, que o acompañaron durante a infancia. Por outra banda, Tammet obstenta a marca pi europea en canto á memorización e recitado do número pi con 22.514 díxitos en algo máis de cinco horas[1].

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]