Daniel Sturla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Daniel Sturla Berhouet»)
Daniel Fernando Sturla Berhouet
Cardeal Daniel Sturla, 2021.
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1959 en Montevideo, Uruguai
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de novembro de 1987
Consagración episcopal4 de marzo de 2012, por Nicolás Contugno Fanizzi
Creado cardeal14 de febreiro de 2015, por Francisco
Arcebispo metropolitano de Montevideo
Cardeal-Presbítero de Santa Galla
2014 - actualidade
PredecesorNicolás Contugno Fanizzi
Outros

Escudo de Daniel Fernando Sturla Berhouet
Servir al Señor con alegría
Ficha en catholic-hierarchy.org

Daniel Fernando Sturla Berhouet, S.D.B., nado en Montevideo o 4 de xullo de 1959, é un cardeal e arcebispo católico latino uruguaio.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 4 de xullo de 1959 en Montevideo. O 31 de xaneiro de 1980 entrou na Sociedade de San Francisco de Sales, e o 21 de novembro de 1987 foi ordenado sacerdote.

O 10 de decembro de 2011 o papa Bieito XVI nomeouno bispo auxiliar de Montevideo e bispo titular de Phlebes. Recibiu a consagración episcopal o 4 de marzo de 2012, de mans do arcebispo Nicolás Cotugno Fanizzi, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de San José de Mayo Arturo Fajardo e ao bispo auxiliar de Montevideo Milton Tróccoli.

O 11 de febreiro de 2014 foi nomeado arcebispo de Montevideo. O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Galla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista al arzobispo Sturla". El País. 16-2-2014. Arquivado dende o orixinal o 18-03-2015. Consultado o 02-03-2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Nicolás Cotugno Fanizzi
 Arcebispo de Montevideo 
dende 2014
Sucesor:
(no cargo)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.