Daniel Olorunfemi Fagunwa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Daniel Olorunfemi Fagunwa, nado en Oke-Igbo en 1903 e finado en 1963, foi un escritor nixeriano en lingua ioruba.
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia de xefes iorubas, estudou na súa cidade natal e en Oyo e converteuse en profesor. En 1938 publicou a primeira novela en ioruba, Ogboju Ode ninu Igbo Irunmale. Fagunwa converteuse no autor en ioruba máis lido e en referente para autores como Amos Tutuola.
Obra [editar]
- Ogboju Ode ninu Igbo Irunmale, 1938
- Igbo Olodumare, 1949
- Ireke Onibudo, 1949
- Irinkerindo ninu Igbo Elegbeje, 1954
- Adiitu Olodumare, 1961