Daniel Jarque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dani Jarque
DaniJarque.JPG
Información persoal
Nome completo Daniel Jarque González
Nacemento 1 de xaneiro de 1983
Lugar Barcelona, España
Falecemento 8 de agosto de 2009 (26 anos)
Lugar Florencia, Italia
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Cooperativa
1995–2001 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2004 Espanyol B 80 (0)
2002–2009 Espanyol 173 (8)
Total 253 (8)
Selección nacional
2001 España sub-17 4 (0)
2001–2002 España sub-19 10 (1)
2003 España sub-20 3 (0)
2003–2005 España sub-21 19 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Daniel Jarque González, nado en Barcelona o 1 de xaneiro de 1983 e finado en Florencia o 8 de agosto de 2009, foi un futbolista catalán que xogaba de defensa central. O club no que se desenvolveu toda a súa carreira deportiva foi o RCD Espanyol.

Durante a final do Mundial de fútbol 2010 Andrés Iniesta dedicou o gol marcado na súa memoria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jarque empezou a xogar no CF Cooperativa de Sant Boi de Llobregat e aos 12 anos pasou a formar parte das categorías inferiores do RCD Espanyol. O futbolista debutaría co primeiro equipo o 20 de outubro de 2002, nun partido de liga ante o Recreativo de Huelva.[1] Durante os seguintes dous anos iría alternando o filial co primeiro equipo.

Non sería ata a tempada 2004-2005, e da man de Miguel Ángel Lotina, cando Jarque pasaría a ter ficha no persoal principal. Alí conseguiu co club perico o seu primeiro título como profesional, a Copa do Rei de 2006 que o club branquiazul gañou ante o Real Zaragoza. Na súa carreira tamén chegou a disputar a final da Copa da UEFA, que perdeu ante o Sevilla FC na final que se disputou en Glasgow o 16 de maio de 2007. O 18 de xullo de 2009, o adestrador Mauricio Pochettino outorgoulle o brazalete de capitán do RCD Espanyol.[2]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Durante a xira estival que o seu equipo realizaba por Italia, Jarque perdeu o coñecemento na habitación do hotel de concentración mentres mantiña unha conversación telefónica coa súa noiva. Esta rapidamente avisou ao seu compañeiro de cuarto no hotel, Ferran Corominas, que pediu asistencia médica. Aínda que foi trasladado rapidamente a un hospital, os médicos non puideron facer nada por reanimalo e o futbolista perdeu a vida.

Dani Jarque morreu por mor dunha asistolia no Centro Técnico Federal da FIGC en Coverciano, barrio de Florencia (Italia), o 8 de agosto de 2009.[3][4]

A noticia da morte do futbolista causou unha gran conmoción no mundo do fútbol español. Pola capela ardente que se dispuxo o 11 de agosto no Estadio Cornellà-El Prat desfilaron representantes de todos os equipos de primeira e segunda división, así como distintas autoridades da vida pública e política, ademais de 14.000 afeccionados.[5] No Estadio Cornellà-El Prat existe a tradición non oficial de aplaudir durante o minuto 21 de cada partido en memoria do xogador, xa que este número era o seu dorsal na última tempada que disputou.

Homenaxes posteriores[editar | editar a fonte]

Desde mediados de abril de 2010, a porta número 21 do estadio Cornellà-El Prat pasou a denominarse oficialmente porta Dani Jarque na súa honra.[6]

O 11 de xullo de 2010, Andrés Iniesta, tras conseguir o gol da vitoria na final do mundial de Sudáfrica 2010 (fronte ao equipo dos Países Baixos), homenaxeou a Dani Jarque mostrando unha camiseta co lema Dani Jarque siempre con nosotros.[7] Tras o partido o xogador declarou moi emocionado que non puidera facer nada por el en toda a tempada e merecíao.[8]

No primeiro aniversario da súa morte, o seu equipo fíxose co Trofeo Ramón de Carranza, os seus compañeiros dedicáronlle a vitoria poñéndolle ao trofeo unha camiseta coa súa fotografía.[9]

O 21 de xaneiro de 2012 inaugurouse na porta 21 do estadio Cornellà-El Prat unha estatua de bronce do ex-capitán do club perico, inspirado na memoria de Jarque.[10][11]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Temp. Club País Liga Part. Goles Copa Goles Europa Goles
2002/2003 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 6 0 0 0
2003/2004 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 9 0 0 0
2004/2005 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 21 1 1 0
2005/2006 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 34 4 7 1 8 0
2006/2007 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 36 0 2 1 14 0
2007/2008 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 31 1
2008/2009 RCD Espanyol Bandeira de España España Primeira División 36 2

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Jarque