Daniel Guérin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daniel Guérin, nado o 19 de maio de 1904 e finado o 14 de abril de 1988, é un escritor revolucionario francés, anti-colonialista, militante da emancipación homosexual, teórico moderno do comunismo libertario, historiador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniel Guérin empezou a militar nos anos 1930 cos sindicalistas revolucionarios da revista La Révolution prolétarienne de Pierre Monatte. Posicionouse en contra do colonialismo francés en lugares como a Indochina francesa ou o Líbano.

A mediados dos anos 30 uniuse ó grupo La Gauche Révolutionnaire de Marceau Pivert. En 1938 esta corrente estaba excluída da SFIO (Sección Francesa da Internacional Obreira), creándose o PSOP (Parti socialiste ouvrier et paysan). Daniel Guérin foi un dos responsables diste partido, dentro do cal situase na esquerda e moi preto de Troski con quen leva correspondencia.

Guérin afastouse aos poucos do marxismo ortodoxo durante a guerra para achegarse ao anarquismo. A partir de 1959 e da publicación de Jeunesse du socialisme libertaire (Mocidade do socialismo libertario), buscou unha vía nova nunha síntese do anarquismo e do marxismo. Loitou para conciliar o mellor destes dous sistemas de pensamento e publicou Pour un marxisme libertaire(Para un marxismo libertario), logo À la recherche d'un communisme libertaire (Á procura dun comunismo libertario).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Le mouvement ouvrier aux États-Unis (O movemento obreiro nos Estados Unidos)
  • Sur le fascisme (Baixo o fascismo)
    • Tomo 1 : La Peste brune (A peste negra)
    • Tomo 2 : Fascisme et grand capital (Fascismo e gran capital)
  • La lutte des classes sous la Première République (A loita de clases na Primeira República)
  • Front populaire, révolution manquée (Fronte popular, revolución inexistente)
  • Rosa Luxembourg et la spontanéité révolutionnaire (Rosa Luxemburg e a espontaneidade revolucionaria)
  • L’Anarchisme (O Anarquismo)
  • Pour un communisme libertaire (Para un comunismo libertario)
  • Ni Dieu, Ni Maître - Anthologie de l'anarchisme (Nin Deus nin Amo. Antoloxía do anarquismo)
  • Homosexualité et révolution (Homosexualidade e revolución)
  • Bourgeois et Bras nus. 1793-1795
  • Les Antilles décolonisés (As Antillas descolonizadas)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • DanielGuerin.info sobre a súa vida, obra e eventos relacionados. Xestionado por militantes, investigadores, membros da súa familia e a Association des amis de Daniel Guérin (en francés).
  • Alternative libertaire, Alternative libertaire organización anarquista francesa que pretende ser herdeira das ideas de Guérin (en francés).