Daniel Faulkner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDaniel Faulkner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel J. Faulkner Editar o valor em Wikidata
21 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor em Wikidata

Daniel J. Faulkner, nado en Filadelfia (Estados Unidos) o 21 de decembro de 1955 e finado o 9 de decembro de 1981 na mesma cidade, foi un policía de Filadelfia asasinado en circunstancias polémicas. O xornalista, activista político, membro das Panteras Negras e do MOVE Mumia Abu-Jamal, foi arrestado e condenado polo asasinato, nun proceso cheo de controversias.

Datos biográficos[editar | editar a fonte]

Faulkner naceu nunha familia católica irlandesa do suroeste de Filadelfia, sendo o máis novo de sete irmáns. O seu pai morreu cando el tiña cinco anos e foi criado pola nai e os seus irmáns máis vellos. Pouco antes de graduarse no ensino secundario, Faulkner abandonou os estudos para enrolarse no exército. Unha vez alí, conseguiu un diploma en xustiza criminal. Despois de abandonar o exército en 1975 Faulkner entrou a traballar no departamento de policía de Filadelfia. No entanto, trataba de sacar a licenciatura en xustiza criminal, pensando en converterse algún día en fiscal do distrito. Casou cunha muller chamada Maureen en 1979.

Asasinato[editar | editar a fonte]

Segundo o desenvolvemento dos feitos estabelecido polo fiscal no xuízo que condenou a Mumia Abu-Jamal o 9 de decembro de 1981, Faulkner detivo a William Cook, irmán de Abu-Jamal. No entanto trataba de arrestalo, Abu-Jamal chegou e disparoulle polas costas. Faulkner conseguiu devolver os disparos antes de caer ao chan, ferindo a Abu-Jamal no peito. Nese momento, Abu-Jamal disparou as balas restantes do seu revólver a queimarroupa. Un dos tiros impactou na cara de Faulkner.

Esta secuencia de feitos foi rexeitada polas persoas e organismos que apoiaban a Abu Jamal. Este foi detido por varios policías que se achegaron á escena do crime. Faulkner foi declarado morto esa mesma noite e Abu Jamal foi inmediatamente acusado da súa morte e condenado por ela en 1982.

Maureen Faulkner[editar | editar a fonte]

Despois da morte do seu esposo. Maureen Faulkner mudouse a California, onde leva unha clínica médica. En 1994, tras descubrir que a Radio Pública Nacional pensaba emitir unha serie con mensaxes e comentarios gravados por Abu-Jamal dende o corredor da morte, Maureen comezou unha campaña contra o movemento "Liberdade para Mumia". Dende entón fixo moitísimos discursos e aparicións públicas, apoiando a condena e a súa consecuente pena de morte. En 1999 presentouse no Evergreen State College para protestar a decisión desta universidade de permitir unha fita de vídeo de Abu Jamal onde actuaba como padriño da promoción. Nesa gravación Abu-Jamal incluía ideas marxistas e animaba os titulados a emular a figura de Malcom X.

O 8 de decembro de 2006 apareceu de novo, desacreditando os seguidores de Abu-Jamal e pedíndolle ao avogado do estado Lynne M. Abraham que se opuxese firmemente ás peticións de Abu-Jamal de revisión do xuízo.

Honras e homenaxes[editar | editar a fonte]

Unha parte da Ruta 1, que atravesa o nordeste de Filadelfia foi chamada Autoestrada Daniel Faulkner na súa honra. O 9 de decembro de 2001, celebrouse en Filadelfia unha cerimonia presidida pola súa viúva co gallo do vixésimo aniversario da súa morte.