Daniel Cortezón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Daniel Cortezón Álvarez")

Daniel Cortezón Álvarez, nado en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927 e falecido en Lugo o 4 de outubro de 2009, foi un prolífico escritor galego, autodidacta, coñecido de xeito principal pola súa produción teatral, fundamentalmente de carácter histórico.

Índice

[editar] Traxectoria

Fillo de carabineiro, a Guerra civil obrigouno a fuxir a Francia coa súa familia. Volve con 12 anos a Ribadeo, comezando de aprendiz nunha botica, onde traballará ata 1963. Comeza a súa formación autodidacta, lendo (segundo as súas propias verbas -ver máis abaixo-) a práctica totalidade dos libros da biblioteca municipal ribadense. Con posterioridade traballou en León e Madrid (de 1965 á súa xubilación), chegando a ser redactor xefe da revista Auxiliares de Farmacia e participando nas tertulias do "Café Gijón". Ó seu retorno a Galicia residiu en Vigo e Ribadeo de xeito alternativo, onde foi, por exemplo, pregoeiro da XIX Feira do Libro Galego (Ribadeo, 1988) e mantivo numerosos contactos no ámbito cultural, como a súa relación coa Asociación Cultural Francisco Lanza, ou a amizade con Fermín Penzol e Juan Luis Vega Prada. Con anterioridae a este retorno xa destacara na labor cultural, más aló do resalte como escritorparticipando en iniciativas como o Patroato da Biblioteca 'El Viejo Pancho' de Ribadeo, que para el foi uha fase de adicación a unha institución á que tanto debía.

Persoa serena, tiña unha ampla e rica cultura debida a unha autoformación. Sirvan as frases seguintes de autodefinición do que foi a súa formación: “Eu son absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.

[editar] Premios e distincións

Ten abondantes galardóns, dende o 'Premio auxiliares de farmacia', obtido no 1953 por 'Decálogo del auxiliar de farmacia'.

  • Premio Vilar Ponte do Centro Galego de Bos Aires, por Prisciliano.
  • En 1977 foi Premio Santiago Rusiñol de Teatre do Festival de Sitges, por Pedro Madruga.
  • En 1981 gañou a primeira convocatoria do Premio de Novela Eduardo Blanco Amor con A Vila Sulagada.
  • En 1998 foi finalista do Premio Nacional de Teatro, por Castelao ou A paixón de Galiza III: intermezzo bufo (traxicomedia épica).
  • Foi lucense do ano 2000.
  • No plano local, foi nomeado socio de honra da Coral Polifónica desde o ano 2001, e déuselle o seu nome á mostra anual de Teatro Afeccionado dende o ano 2003. En pleno de 8 de xullo de 2002, a Corporación Municipal de Ribadeo acordou darlle a unha rúa o seu nome, a raíz da petición dunha comisión pro-homenaxe, distincións que salientaron non só a súa actividade literaria senón de promoción de cultural, pois foi, por exemplo, o membro máis novo do Patronato municipal que creou e puxo en marcha a actual Biblioteca Pública El Viejo Pancho de Ribadeo en 1957.

Formou parte do Consello Asesor da revista 'Cadernos Ribadenses'.

No 2011 publicouse un libro homenaxe con máis de 70 colaboracións.

[editar] Obra

[editar] Narrativa

[editar] Ensaio

[editar] Teatro

  • O renarte Ciprián, 1960.
  • Nicolás Flamel, 1966, separata de Grial.
  • Prisciliano, 1970, Galaxia.
  • Os anxos cómense crus, 1972.
  • Xelmírez ou a gloria de Compostela, 1974, Nós (Bos Aires).
  • A diáspora, 1976, Edicións do Castro.
  • Os Irmandiños, 1978, Edicións do Castro.
  • Pedro Madruga, 1978, Edicións do Castro.
  • Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos, 1982
  • Crónica de Enrique IV, 1985.
  • Castelao ou A paixón de Galiza I: O animador de ilusións, 1986, Edicións do Castro.
  • Castelao ou A paixón de Galiza II: O árbores e os xuncos, 1989, Edicións do Castro.
  • Castelao ou A paixón de Galiza III: intermezzo bufo (traxicomedia épica), 1996, A-Z Ediciones.
  • Castelao ou A paixón de Galiza IV: o pudor e a angustia, 1997, A-Z Ediciones.
  • Crónica del rey don Pedro, 1998.

[editar] Literatura infanto-xuvenil

[editar] Outros

Suso Peña: La Mirada Mágica (Publilar, 2006, ISBN 978-84-611-1666-9), por Daniel Cortezón, Jaime Fernández e Manuel López. Confeccionado tras a morte de Suso Peña, coma homenaxe, recolle fotos, debuxos e banda deseñada, con texto de Daniel Cortezón.

Publicou ademais diversos artigos en revistas de moi diverso estilo, como 'Sobor das condicións do asalto á razón' (Cadernos Ribadenses, 1990).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas