Dani Bellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dani Bellón
Nacemento5 de xaneiro de 1985
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Daniel Bellón García, nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985,[1] é un gaiteiro e saxofonista galego.

Conta cunha intensa carreira musical, tanto en solitario como con diversos grupos, traballos polos que gañou numerosos premios, entre eles o Trofeo Macallan (2003), o Concurso Constantino Bellón (2001, 2005 e 2006) ou o Concurso Avelino Cachafeiro (2002, 2004, 2005 e 2006). Dende 2005 forma, xunto con Diego Maceiras, o dúo BellónMaceiras. Tamén xunto a Maceiras puxo a andar en 2010 a Escola de Música BellónMaceiras en Fene, onde imparte clase.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ferrol pero ao pouco tempo trasladouse a Barallobre, Fene, lugar de orixe de súa nai.[2][3] Formouse como músico na banda de gaitas Airiños de Fene, á vez que estudaba no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol.[1] Con este grupo fixo importantes actuacións como a da inauguración da Expo '98, en Lisboa, ou dúas participacións no Festival Intercéltico de Lorient, en 1999 e 2001, ademais da gravación dun disco, Identidade. En 2001 recibiu un curso de perfeccionamento de gaita impartido por Carlos Núñez e participou como solista no Trofeo Macallan en 2002 e 2003, quedando segundo na súa primeira participación e acadando a vitoria na segunda. Dous anos antes formara xunto a Pedro Lamas o grupo Luvas verdes, un cuarteto de música tradicional[4][5] que publicou o seu primeiro disco en 2005, co título Fandango desesperado.[1] O disco contou coas colaboracións de Agustín Sánchez, Antía Barreiro e Xabier Díaz (voz).[6]

Tamén en 2005 iniciou un novo proxecto musical xunto a Diego Maceiras, o dúo BellónMaceiras, unindo gaita e acordeón. O dúo gañou o VII Certame Folk de Radio Obradoiro, e, xunto a Álex Blanco foron os vencedores no Proxecto Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2006, o que lles deu a posibilidade de actuar no escenario principal o ano seguinte.[7] Foron un dos grupos da delegación galega no Festival Intercéltico de Lorient de 2006. En decembro de 2006 publicaron o seu primeiro disco co título Unión das Terras. Realizaron numerosas actuacións como presentación do disco, tanto en Galicia como en España (Madrid, Barcelona, Málaga) e Europa (Andorra, Suíza), e incluso en Nova York.[6]

En 2007 incorporaron tres novos membros, Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero, para formar BellónMaceiras Quinteto, grupo co que publicaron en 2010 o disco FolkFusión.[8] En 2010 Bellón fundou en Fene xunto a José Maceiras a súa propia escola de música, co nome de Escola de Música BellónMaceiras,[9] alcanzando ao pouco tempo os 100 alumnos.[10]

No ano 2016 publicouse o segundo álbum do dúo BellónMaceiras, titulado Ten. Constou de 10 temas e contou con varias colaboracións, entre elas as da organista rusa María Moiséeva ou o violinista galés Oliver Wilson-Dickson.[11][12]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Airiños de Fene[editar | editar a fonte]

Con Luvas verdes[editar | editar a fonte]

Con BellónMaceiras[editar | editar a fonte]

Con BellónMaceiras Quinteto[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografía de Daniel Bellón". www.danielbellon.com. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  2. "Daniel Bellón, o gaiteiro de Barallobre". Xunta de Galicia. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  3. "Aparicións na prensa" (PDF). www.danielbellon.com. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  4. "Cantos – Luvas Verdes [2005]". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  5. "Luvas Verdes regresa para "llevar la gaita fuera de Galicia"". El País (en castelán). 13 de abril de 2007. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Formacións de Daniel Bellón". Consultado o 27 de abril de 2020. 
  7. "El trío de Daniel Bellón gana el certamen Runas de Ortigueira". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 2006. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  8. "O Bellón Maceiras Quinteto presenta o seu primeiro disco, "Folk Fusión"". 5 de abril de 2010. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  9. "BellónMaceiras pon escola". 13 de setembro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  10. "Dani Bellón el gaiteiro más laureado de la historia" (en castelán). 4 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  11. "Diez canciones para celebrar una década de folk fusión". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de decembro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  12. ""Ten é un remexido de 10 anos de vivencias”". 24 de maio de 2016. Consultado o 28 de abril de 2020.