Daniël de Ridder
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Daniël Robin Frederick de Ridder | ||
| Nacemento | 6 de marzo de 1984 (28 anos) | ||
| Lugar | Ámsterdam, Países Baixos | ||
| Altura | 1,80 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Grasshopper | ||
| Número | 16 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Ajax | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2004–2005 | Ajax | 30 | (3) |
| 2005–2007 | Celta de Vigo | 20 | (1) |
| 2007–2008 | Birmingham City | 10 | (0) |
| 2008–2011 | Wigan Athletic | 18 | (0) |
| 2010 | → Hapoel Tel Aviv (cedido) | 11 | (2) |
| 2011– | Grasshopper | 11 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2004–2007 | Países Baixos sub-21 | 30 | (2) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 23 de outubro de 2011. † Aparicións (Goles) |
|||
Daniël Robin Frederick de Ridder, coñecido como Daniel de Ridder, nado en Ámsterdam o 6 de marzo de 1984, é un futbolista neerlandés. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Grasshopper-Club Zürich.
Índice |
[editar] Traxectoria
Formado na prolífica canteira do Ajax de Ámsterdam, debutou no primeiro equipo do conxunto holandés o 21 de xaneiro de 2004, con 19 anos, nun partido ante o Roda JC. Nesa a súa primeira tempada co equipo laranxa (2003/2004) é nomeado mellor debutante da Liga.
Debutou na Liga de Campións en setembro de 2004, e dous meses despois marcou o seu primeiro gol na máxima competición europea de clubs ante o Maccabi Tel Aviv. Fichou polo primeiro equipo do Celta de Vigo na tempada 2005/2006, cun contrato por dous anos prorrogábeis por outros tres.
Vestiu a camisola celeste por primeira vez nun partido desputado en Balaídos ante o Sevilla CF o 25 de setembro de 2005 correspondente á quinta xornada de Liga, onde gañaron os vigueses por 2-1. Nesa primeira tempada como celeste case non xogou na primeira volta, mentres que na segunda, en troques, tivo unha participación moito maior e fíxose habitual nas aliñacións de Fernando Vázquez. Marcoulle o primeiro gol na xornada 30 ao Atlético de Madrid, na vitoria visitante do Celta por 0-3.
A tempada 2006-07 non comezou ben para De Ridder: unha tendinite no tendón rotuliano mantívoo apartado dos terreos de xogo durante varios meses. Cando o Celta descendeu a segunda división, fichou polo Birmingham City.
[editar] Características
Trátase dun centrocampista que xoga tanto no lado dereito como no esquerdo, pero tamén pode ocupar posicións máis avanzadas como dianteiro. É un extremo dun marcado carácter ofensivo que destaca pola súa calidade técnica e creatividade. Gústalle xogar pegado á banda e o seu punto forte é o un contra un, xa que dispón dunha gran variedade de caneos, e centra coa dereita. Aínda que é destro domina ben o balón e pode xogar indistintamente por ambas bandas.
[editar] Palmarés
- En 2006 proclámase campión de Europa sub-21 coa selección neerlandesa.
- En 2007 proclámase campión de Europa sub-21 coa selección neerlandesa.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07 | ||
|---|---|---|
|
Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney |
||