Dan Fante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Fante na Feira do Libro de Turku en 2007.

Dan Fante, nado nos Ánxeles (California) en 1944, é un escritor estadounidense, fillo do tamén escritor John Fante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dan Fante foi ao insitituto en Santa Monica, e despois traballou en Nova York de vendedor ambulante, chofer de limusinas, taxista, limpacoches, comercial, detective privado e vixía nocturno nun hotel. Logo levou unha vida máis estable e decidiuse a escribir, sendo publicado en Francia grazas á cantante April March. Despois de vivir varios anos en Sedona (Arizona), Dan Fante regresou aos Ánxeles coa súa familia.

Obra[editar | editar a fonte]

Amais do seu pai e Charles Bukowski, o seu principal modelo literario é Hubert Selby Jr.

Chump Change (publicada orixinalmente en Francia e despois editada nos EUA por Sun Dog Press), Mooch, Spitting Off Tall Buildings e 86'd compoñen unha tetraloxía autobiográfica protagonizada polo seu alter ego Bruno Dante. Short Dog é unha colección de relatos baseada na súa experiencia como taxista nos Ánxeles. Escribiu tamén dúas obras de teatro, The Closer / The Boiler Room e Don Giovanni, amais dos libros de poemas A Gin-Pissing-Raw-Meat-Dual-Carburetor-V8-Son-Of-A-Bitch From Los Angeles e Kissed by a Fat Waitress.

  • Chump Change (novela, 1998)
  • Mooch (novela, 2001)
  • Spitting Off Tall Buildings (novela, 2002)
  • Short Dog: Cab Driver Stories from the L. A. Streets (relatos, 2002)
  • Gin Pissing, Raw Meat, Dual Carburettor V-8 Son-of-a-Bitch from Los Angeles (poesía, 2002)
  • Renewal, Bottle of Smoke Press (relato, 2005)
  • Don Giovanni: A Play (teatro, 2006)
  • Kissed by a Fat Waitress (poesía, 2008)
  • 86'd (novela, 2009)
  • John Fante & The Hollywood Ten, Bottle of Smoke Press (ensaio, 2010)
  • Fante: A Family's Legacy of Writing, Drinking and Surviving (biografía, 2011)
  • Point Doom (2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]