Dan Eggen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eggen
Información persoal
Nome Dan Eggen
Nacemento 13 de xaneiro de 1970
Lugar de nacemento Oslo
Altura 1,91 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
FC Lyn Oslo
Årvoll IL
Ready
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990-1993 BK Frem 72 (15)
1993-1997 Brøndby IF 108 (6)
1997-1999 Celta de Vigo 37 (2)
1999-2003 Deportivo Alavés 40 (2)
2003 Rangers FC 0 (0)
2003-2004 Le Mans FC 22 (1)
Selección nacional
1993-2001 Noruega 25 (2)
Adestrador
2009 Kolbotn IL
Na rede
IMDB: nm8426637 FIFA: 129893 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Dan Eggen, nado en Oslo o 13 de xaneiro de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol noruegués, que xogaba na demarcación de defensa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non chegou a debutar profesionalmente en Noruega xa que fichou polos equipos dinamarqueses BK Frem e Brøndby IF, de onde saíu con 27 anos para xogar na Liga Española. Na tempada Primeira división española 1997/98 fichou polo Celta de Vigo, onde xogou dúas tempadas xogando na Copa da UEFA no que sería o seu último ano en Vigo.

Na tempada 1999/00 fichou polo Deportivo Alavés onde militou catro tempadas aínda que nas dúas últimas non disputou ningún encontro a causa das lesións. No ano 2001 o equipo vasco disputou a final da Copa da UEFA ante o Liverpool FC con Eggen no equipo titular, encontro que perdeu por 5-4.

Finalizado o contrato co Alavés entra a proba no Rangers FC, porén non chega a fichar polo equipo e remata no Le Mans FC, onde se retira en 2004.

Unha vez retirado do fútbol introduciuse no mundo da música como representante do grupo de rock El caco. Sacou o carné de adestrador, dirixindo ao equipo de fútbol feminino Kolbotn IF no ano 2009.

Na selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol de Noruega en 25 ocasións, disputando os Copa do Mundo de Francia 1998 e o de Estados Unidos 1994 e a Eurocopa Bélxica/Países Baixos 2000. É un dos apenas seis internacionais que non chegaron a xogar profesionalmente na Primeira División da Liga de Noruega.