Dan

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sistema de graos empregado nas artes marciais de Xapón e Corea. Ao principio da práctica das artes marciais, empézanse polos graos Kyu, Gup ou Kup que son determinados en varias cores (en occidente o sistema de cores é máis amplo que en Xapón), pero unha vez chegado ao cinto negro ou shodan (nivel que empeza), considérase que o alumno xa ten as bases para comezar a practicar as artes marciais tal como debe.

Existen 10 graos de dans que poden variar de cores segundo as escolas. Temos por exemplo o negro, vermello e branco, vermello e dourado. Nas Artes marciais coreanas, a cor sempre é negro engadindo unha raia branca por cada dan.

Ferramentas persoais