Damien Hirst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDamien Hirst

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Bristol, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo inglés Editar o valor em Wikidata
EducaciónLeeds Arts University (en) Traducir
Winkler Prins (en) Traducir
Goldsmiths, University of London (en) Traducir
Allerton Grange School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura e Instalación Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Londres (1984–2009)
Leeds (1983–1984)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngastrónomo , artista visual , director de cinema , gravador , artista de instalacións , ilustrador , artista conceptual , escultor , pintor , artista de assemblage Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoAssemblage e Vanitas Editar o valor em Wikidata
MovementoYoung British Artists (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMichael Craig-Martin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteWhite Cube (en) Traducir e Artists Rights Society Editar o valor em Wikidata
MecenasCharles Saatchi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webdamienhirst.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1257393 Twitter: hirst_official Instagram: damienhirst Musicbrainz: 63f99ecf-8bff-4f50-b592-ea8ee562ee0b Discogs: 1707076 Allmusic: mn0001265331 Editar o valor em Wikidata


Damien Hirst, nado en Bristol (Reino Unido) o 7 de xuño de 1965, é un artista británico pertencente ao grupo chamado Young British Artists («novos artistas británicos», ou YBAs polas súas siglas en inglés). É unha figura protagonista na escena da arte en Inglaterra dende comezos da década de 1990 e é internacionalmente coñecido como o artista vivo coa obra mellor pagada.

Obra[editar | editar a fonte]

A morte é o tema central do seu traballo. É coñecido sobre todo polas súas series de Historia natural (Natural history), nas cales, animais mortos (como quenllas, ovellas ou vacas) son preservados, ás veces diseccionados, en formol. Un dos seus traballos máis icónicos é A imposibilidade física da morte na mente de algo vivo (The Physsical Impossibility of Death in the Mind of Someone Living). Trátase dunha quenlla tigre de 14 pés de longo inmersa nunha vitrina de formol. Debido á descomposición do animal, foi substituído por un novo exemplar no 2006. A súa venda por dez millóns de dólares no 2004 fixo de el o segundo artista vivo máis caro, despois de Jasper Johns.

En xuño do 2007, Hirst logrou superar a Jasper neste apartado coa venda de Cofre de medicinas (Medicine Chest), na exposición Lullaby Spring, por nove millóns seiscentas cincuenta mil libras esterlinas, na casa de poxas Sotheby's en Londres. O 30 de agosto do 2007, Hirst superou a súa anterior venda de Lullaby Spring co seu traballo Polo amor de Deus (For the Love of God), unha caveira humana auténtica, toda ela incrustada de diamantes, 8.601 en total, que alcanzou os cincuenta millóns de libras esterlinas (74 millóns de euros), pagados por un grupo investidor descoñecido (posteriormente, descubriuse que o propio Hirst, o seu representante e un dos seus galeristas pertencían ao consorcio). Outra gran venda foi a conseguida por O becerro de ouro (The golden calf), pola que obtivo en Sotheby's 10,34 millóns de libras (uns 14 millóns de euros). Calcúlaselle unha fortuna superior aos mil millóns de dólares, sendo máis rico que outros coñecidos magnates británicos como Mick Jagger ou Elton John.

Tamén é coñecido polas súas pinturas xigantes (spin paintings), feitas nunha superficie circular xiratoria, e polas súas pinturas de puntos (spot painting), consistentes en filas de círculos coloreados ao chou; estas obras foron moi imitadas en gráficos comerciais.