Damageplan
| Damageplan | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Dallas, Texas, |
| Período | 2003-2004 |
| Xénero(s) | heavy metal, groove metal, hard rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Elektra Records |
| Membros | Dimebag Darrell Bob Zilla Pat Lachman Vinnie Paul |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.damageplan.com/ |
Damageplan foi un supergrupo estadounidense de heavy metal procedente de Dallas, Texas formado no ano 2003. Despois da desaparición do seu anterior grupo Pantera, os irmáns Dimebag Darrell e Vinnie Paul Abbott querían comezar unha nova banda. A parella recrutou ao antigo guitarrista de Halford Pat Lachman para as voces, e posteriormente a Bob Zilla como baixista. Damageplan editou o seu primeiro álbum, New Found Power, o 10 de febreiro de 2004, que se estreou no número 38 da Billboard 200, vendendo 44.676 copias na súa primeira semana.
Mentres Damageplan promocionaba o álbum nun concerto o 8 de decembro de 2004, un home chamado Nathan Gale subiu ao escenario e asasinou a Darrell, o guitarrista da banda. A pesar de que non se atoparon motivos, algunhas testemuñas afirman que Gale culpou aos irmáns da ruptura de Pantera e de que lle roubaran as súas letras. Gale foi morto por un oficial de policía. Abbott e Zilla uníronse posteriormente á banda Hellyeah, e Lachman fixo o mesmo con The Mercy Clinic.
Discografía [editar]
- New Found Power - 2004 (Elektra)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)