Dalcahue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dalcahue
Chile Chiloe Island.png Escudo de Dalcahue.png
Situación xeográfica
Comuna Dalcahue.png
Estado: Flag of Chile.svg Chile
Rexión: Los Lagos
Provincia: Chiloé
Xeografía
Altitude: 5 msnm
Superficie: 1.239 km²
Poboación
Poboación total: 12.842 hab. ([[]])
Densidade de poboación: 10,36 hab./km²
Xentilicio: Dalcahuino/a
Información
Código postal:
Alcalde: Alfredo Hurtado Álvarez (PDC) (2008-2012)
Sitio na web: www.dalcahue.cl


Dalcahue é unha comuna chilena da Rexión dos Lagos, localizada na Provincia de Chiloé, no arquipélago do mesmo nome. A súa capital é o pobo de Dalcahue, localizado nas coordenadas 42°22′45.5″S 73°38′50.1″W / 42.379306°S 73.64725°W / -42.379306; -73.64725, na ribeira da canle homónima.

As súas principais actividades económicas son a agricultura (patacas), a gandaría ovina e bovina, o comercio, o turismo e a industria procesadora de produtos marítimos.

Dentro da comuna atópanse 3 das 16 igrexas de madeira do Arquipélago de Chiloé que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco: en Dalcahue, San Juan e Tenaún.

[editar] Historia

Vista de Dalcahue.

En tempos prehistóricos, o lugar no que actualmente se atopa o pobo de Dalcahue era moi visitado polos chonos e estaba habitado por huilliches, a causa de ser a parte máis angosta da canle de Dalcahue e, polo tanto, o balseo máis natural cara á illa de Quinchao. Cando chegaron os conquistadores españois, tamén se asentaron neste lugar por idénticas razóns. O mesmo significado da palabra Dalcahue revela esta importancia, xa que no mapudungun de Chiloé, Dalkawe significa lugar de dalcas, é dicir, da embarcación de tres táboas que usaban orixinalmente os chonos e que se difundiu a todas as culturas do arquipélago, incluída á española.

En 1567, a expedición de Martín Ruiz de Gamboa tomou posesión do arquipélago de Chiloé e no seu avance cara ao sur o primeiro pobo que fundaron foi Tenaún, hoxe límite norte da comuna. Ao proseguir pensaron en asentar a capital no que logo sería San Juan, a causa de que era fácil de defender, pero acabaron desistindo ao ver que a diferenza entre mareas era demasiado alta.

Durante a época colonial, Dalcahue considerábase un pobo de españois e indios, baixo o nome de Dalcapulli ou Dalcahue.

Cando Chile declarou a súa independencia, os habitantes de Chiloé permaneceron fieis á Coroa e estiveron resistindo durante 16 anos contra as forzas patriotas. Na campaña que o Director Supremo Ramón Freire emprendeu contra os realistas do Arquipélago en 1824, o principal desembarco dos patriotas realizouse en Dalcahue, coa intención de tomar Ancud pola retagarda. Mais, o 1 de abril de 1824, o exército expedicionario, ao mando do coronel Jorge Beauchef foi sorprendido a uns 10 km do pobo e produciuse a batalla de Mocopulli, de resultado incerto no campo, pero que obrigou ás tropas chilenas a repregarse sen dar conseguido o seu obxectivo.

[editar] Demografía

Fachada da igrexa de Dalcahue.

A comuna posúe un patrón de poboamento moi desigual. O pobo de Dalcahue ten 4.933 habitantes, que corresponden o 38,41 por cento do total comunal. A poboación restante, un 61,39%, habita en áreas rurais e a maior parte deles vive na zona chamada localmente La Costa, unha liña costeira á beira do mar interior de Chiloé que corre de oeste a leste, entre Dalcahue e Tenaún. Nesta zona atópanse as poboacións de Téguel, Quíquel, Quetalco, Puchaurán, Colegual, San Juan, Calen, e Tenaún. Ademais existe o casarío de Mocopulli, na Estrada Panamericana, Astilleros, xusto ao suroeste de Dalcahue, e a aldea de Tocoihue, xunto ao esteiro e cascada do mesmo nome, no que segundo as crenzas populares, os bruxos sacaban o bautismo. Entre a Panamericana e o Océano Pacífico, practicamente non hai habitantes, xa que é unha zona de montes que maiormente corresponde aos terreos do sector Anay (sur) do Parque Nacional Chiloé.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas